O instituto en QRIniciar sesión |
Escola de saúdeEnviado por admin o Lun, 10/02/2014 - 10:53
No curso escolar 2013-14, a partires do mes de novembro, no IES Ricardo Carballo Calero, Asfredo en colaboración co Concello de Ferrol, leva a cabo unha escola de saúde para pais e nais coa finalidade de dotar ás familias de habilidades educativas e de comunicación para que se sintan máis competentes na súa función de educadores. Con este curso, de oito sesións de hora e media de duración e periodicidade semanal, preténdese proporcionar aos pais e nais as ferramentas necesarias para axudalos a afrontar posibles dificultades no núcleo familiar, mellorar as habilidades comunicativas co obxecto de favorecer a convivencia familiar, promover unha maior implicación das familias como axentes de saúde dos seus fillos e fillas ou sensibilizar aos pais e nais do risco que entraña o uso inadecuado das novas tecnoloxías. ( categories: )
|