Método seguro para "deseducar" aos fillos

A Dirección Xeral da Policía de Seattle (Washington) confeccionou un informe que entrega aos pais cando os adolescentes son levados a comisaría por facer algo incorrecto. Este informe pretende chamar a atención de nais e pais sobre a súa enorme responsabilidade e a influencia que cos seus malos exemplos e unha educación errónea poden exercer sobre os seus fillos e fillas. He aquí os dez puntos do método:

  1. Dádelle todo canto desexe: así crecerá convencido de que o mundo enteiro lle debe todo.
  2. Rídelle todas as súas groserías, bobadas e saídas de ton: crerá que é moi gracioso e non entenderá que no colexio lle chamen a atención polos mesmos feitos.
  3. Non lle deades ningunha formación en valores: xa os escollerá cando sexa maior!
  4. Nunca lle digades que o que fai está mal: podería adquirir complexos de culpabilidade e vivir traumatizado; primeiro crerá que lle teñen manía e máis tarde se convencerá de que a culpa é da sociedade.
  5. Recollede todo o que vaia deixando tirado: así crecerá pensando que todo o mundo está ao seu servizo, os seus pais os primeiros.
  6. Deixádelle ver e ler todo: limpade con deterxente a vaixela na que come, pero deixade que a súa mente se deteña en calquera lixo, pronto deixará de ter bo criterio.
  7. Pai e nai, discutide diante del: así irase acostumando, e cando a familia estea xa estragada atoparao do máis normal, non se dará nin conta.
  8. Dádelle todo o diñeiro que queira: así crerá que para dispoñer de diñeiro non fai falla traballar, basta con pedir.
  9. Que todos os seus desexos estean satisfeitos ao instante: comer, beber, divertirse... de outro xeito podería acabar frustrado.
  10. Dádelle sempre a razón: son os profesores, a xente, as leis... os que a teñen tomada con el.

Publicado por Enric Guivernau na internet