Skip to Content
Versión para impresora

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024/2025 (CHEQUES DE MATERIAL)

 

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024/2025 (CHEQUES DE MATERIAL)

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DO 21 DE MAIO DE 2024 AO 21 DE XUÑO DE 2024

A convocatoria é de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en ESO (Procedemento ED330B). O alumnado matriculado nos centros incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2024-2025 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto (artigo 1.3 da Orde). Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar. As persoas beneficiarias están obrigadas a destinar o importe do vale para material, única e exclusivamente, a adquirir o material escolar que necesite para o curso 2024-2025.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. O formulario de solicitude estará dispoñible nos centros educativos e na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Tendo en conta o anterior, as solicitudes poden presentarse por 2 medios:

A) De xeito manual e presencial.

B) Con creación de solicitude na aplicación e presentación presencial.

C) Con creación de solicitude na aplicación e presentación electrónica.

O alumnado que repita 4º da ESO e aquel que non obteña praza en formación profesional básica no curso 2024-2025 e formalice a matrícula no curso da ESO que lle corresponda, cando non tivese presentado solicitude de axuda para adquirir material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun mes (1 mes) desde a formalización da matrícula.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

As solicitudes deben levar a seguinte documentación independentemente do medio de formalización (vía electrónica ou presencial):

1. Solicitude (ED330B - Anexo I)

2. Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar). Asinado por todas as persoas sen excepción.

3. Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

3.1º. Certificado ou volante de convivencia.

3.2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

4. Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

5. Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

6. Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.

7. Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

8. Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

9. Outra documentación.

Algunha desta documentación (DNI, NIE, certificado de discapacidade...) pode autorizarse na solicitude e non sería necesario presentar dita documentación.

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

LISTAXES E PROCEDEMENTOS

O lista provisional e definitivo de persoas beneficiarias publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar. Porase un aviso xeral na web cando corresponda. As persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente a través da aplicación fondolibros.

As persoas beneficiarias deberán usar os vales nas librarías e demais establecementos o antes posible, e en todo caso, ata o 10 de abril de 2025.

INFORMACIÓN E ASESORAMENTO

O IES Ramón Cabanillas prestará asesoramento ás persoas interesadas para facilitar que cubran as solicitudes de forma correcta. Cando as solicitudes e a documentación se presenten no centro, o persoal deste que as recolla comprobará que está toda a documentación.

Para máis información poden consultar a aplicación de fondo libros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) ou no portal educativo da Xunta de Galicia (http://www.edu.xunta.gal/portal/node/39924).

NORMATIVA APLICABLE

Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/2025 (código de procedemento ED330B) (Diario Oficial de Galicia do 20.05.2024). 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240520/AnuncioG0761-080524-0003_gl.html

EXTRACTO da Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240520/AnuncioG0761-080524-0004_gl.html

Preguntas Frecuentes. Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar Curso escolar 2024/2025.

https://www.edu.xunta.gal/axudaplicacion/DescargarFicheiro.do?_nome=FNDLIB_PF_PreguntasFrecuentes_2024.pdf&_carpeta=fondolibros&_ext=PDF

Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Decreto 11/2009, do 8 e xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

Bolsas NEAE 2024-2025

 

 

Bo día, familias.

Desde o 30 de abril ata o 13 de setembro pódese solicitar as BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO DO MEC para o vindeiro curso 2024 – 2025.

A súa tramitación realizarase exclusivamente por medios electrónicos a través da Sede Electrónica e entregarase o impreso resultante na secretaría do centro.

Nas seguintes ligazóns tendes máis información:

INFORMACIÓN

SOLICITUDE

Escola de Familias (18 Marzo 2024)


Estimadas familias,


Escola de Familias do IES Ramón Cabanillas continúa o vindeiro luns día 18 de marzo ás 20.00 horas na biblioteca do instituto. Recordamos que non é un grupo pechado, podendo unirse quen o desexe cando queira ou poida.

Desta volta imos abordar un tema que preocupa moito, tanto ás familias como ao profesorado e alumnado, xa que cada vez estamos vivindo máis casos problemáticos: a saúde mental. Para axudarnos, contaremos co psicólogo Manu Santos. Reflexionaremos xuntas/os sobre as nosas preocupacións, e sobre as pequenas cousas prácticas que podemos levar a cabo para xestionalo no noso día a día.


Gustaríanos contar con vós. En caso de ter dificultades de asistencia por conciliación ou por horario poñédevos en contacto co centro e trataremos de buscar alternativas nesta ou en vindeiras ocasións. A vosa presenza é importante. 

Nais, pais, avoas, avós, irmás… toda a familia conta na educación das crianzas, animádevos a vir. Importante: haberá merenda, en caso de contar con intolerancias alimenticias por favor comunicádeo ó centro. 

 

ONDE? Na biblioteca do IES Ramón Cabanillas

 

CANDO? O luns 18 de marzo de 2024 ás 20.00

Escola de Familias (19 Febreiro 2024)

 

Estimadas familias,

Escola de Familias do IES Ramón Cabanillas continúa o vindeiro luns día 19 de febreiro ás 20.00 horas na biblioteca do instituto. Recordamos que non é un grupo pechado, podendo unirse quen o desexe cando queira ou poida.

Desta volta imos abordar un tema que preocupa moito, en especial ás familias: a orientación académica e profesional. Para axudarnos, contaremos coa nosa orientadora Nerea López.Reflexionaremos xuntas/os sobre as posibilidades, intereses e preocupacións, e sobre que podemos facer e como o podemos enfocar no noso día a día.

Gustaríanos contar con vós. En caso de ter dificultades de asistencia por conciliación ou por horario poñédevos en contacto co centro e trataremos de buscar alternativas nesta ou en vindeiras ocasións. A vosa presenza é importante. 

Nais, pais, avoas, avós, irmás… toda a familia conta na educación das crianzas, animádevos a vir.

Importante: haberá merenda, en caso de contar con intolerancias alimenticias por favor comunicádeo ó centro.  

 

ONDE? Na biblioteca do IES Ramón Cabanillas

 

CANDO? O luns 19 de febreiro de 2024 ás 20.00 (ou ás 19h30)

Inicio de curso 2023-2024

Inicio de curso 2023-2024

REUNIÓN DE INICIO DE CURSO PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO QUE EMPEZA EN 1º ESO

LUNS DÍA 4 ÁS 13:30h

Salón de Actos

 

COMEZO DA ACTIVIDADE LECTIVA

LUNS 11 DE SETEMBRO DE 2023

A presentación terá lugar no salón de actos do IES Ramón Cabanillas nas horas indicas na táboa. As clases desenvolveranse en horario normal ata as 14:30 e esa tarde do luns de 16:30 ata 18:15.

 

CURSO

HORA PRESENTACIÓN

1º ESO

8:50

2º ESO

10:00

3ºESO

10:20

4º ESO

10:40

1º BACHARELATO

12:00

2ºBACHARELATO

12:20

PUBLICACIÓN DE LISTAXE DEFINITIVA DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023/2024 (CHEQUES DE MATERIAL)

PUBLICACIÓN DO LISTAXE DEFINITIVO

As listaxes definitivas de adxudicación dos chegues de material publicaranse no taboleiro interno do centro a partir do día 24 de xullo.

Poden recollerse as vales (cheques) de material a partir do día 24 de xullo de 2023 na administración do centro.

A entrega dos cheques realizarse dende o día 24 de xullo ata 31 de xullo, e do 1 de setembro ata o 20 de decembro de 2023.

O uso dos cheques (vales) nas librarías e establecementos adheridos será ata o día 10 de abril de 2024.

Distribuir contido


by Dr. Radut