Skip to Content
Versión para impresora

Xornadas de economía crítica

Co gallo do 50 aniversario do I.E.S. RAMÓN CABANILLAS, o departamento de Economía organiza unha serie de xornadas de Economía Crítica. A primeira delas estará a cargo do catedrático de ciencia política da Universidade Autónoma de Madrid, D. Carlols Taibo Arias, quen falará sobre o tema "Decrecemento económico e Colapso". Esta primeira intervención estará aberta ao público, xa que consideramos que os centros de ensino público deben estar abertos á toda a cidadanía na medida do posible, xa que é ésta a súa única propietaria.
O acto celebrarase o día 5 de maio ás 20:00 horas na Casa da Calzada (Exposalnés).

Entrada libre ata completar o aforo.

 

Bolsas MEC: Pide agora a túa bolsa

Bo día, familias.

Desde hoxe e ata o 17 maio pódese solicitar as BECAS do MEC para a realización de estudos postobrigatorios e universatarios (Universidade, Bacharelato, Ciclos de FP de grao básico, medio e superior, Escola de Idiomas, Ensinanzas artísticas e deportivas, etc.) para o vindeiro curso 2023 – 2024.

Ao igual que na convocatoria anterior, deberás cumprimentar a solicitude aínda que non saibas as notas, se titula ou non, ou que estudos realizarán o próximo curso. Estes datos serán provisionais e poderanse modificar máis adiante.

A súa tramitación realizarase exclusivamente por medios electrónicos a través da Sede Electrónica.

As BECAS NEAE aínda están pendentes de ser publicadas, e poden ser solicitadas xunto con estas becas xerais.

Nas seguintes ligazóns tendes máis información:

Máis información. Estudos NON universitarios

·   Máis información. Estudos UNIVERSITARIOS

SOLICITA AQUÍ A TÚA BECA

Por último lembrade que se tendes algunha dúbida está á vosa disposición o Departamento de Orientación.

NOTA IMPORTANTE SOBRE ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2023-2024

-Non se debe confundir a ADMISIÓN coa MATRÍCULA.

-A admisión é só para o alumnado que se queira incorporar ó centro, no próximo curso 2023/24, procedente doutros centros.

-A matrícula é para todo o alumnado, o de nova incorporación e tamén para o que xa forma parte do IES RAMÓN CABANILLAS. Renóvase curso a curso, tódolos anos.

-O alumnado do centro non ten que realizar a admisión para seguir cursando estudios no IES RAMÓN CABANILLAS, só debe formalizar a matrícula ordinaria nos prazos establecidos que estarán expostos nos taboleiros do centro e na páxina Web.

-O alumnado de 1º de ESO procedente do CEIP de Corvillón e máis do CEP Antonio Magariños Pastoriza, xa ten praza adxudicada no centro e só ten que formalizar a matrícula nos prazos establecidos que estarán expostos nos taboleiros do centro e na páxina Web.

-No mes de xuño estará exposto o calendario de matrícula por cursos, tanto no Centro como na nosa páxina Web.

- Información da Consellería de Educación sobre admisión web.

NORMATIVA APLICABLE:

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Escola de familias

 

Estimadas familias,

Escola de Familias do IES Ramón Cabanillas continúa o vindeiro luns día 12 de decembro ás 20.00 horas na biblioteca do instituto, aínda que desta volta, as formadoras estarán con nós xa dende as 19h30, para quen se queira unir antes. Recordamos que non é un grupo pechado, podendo unirse quen o desexe cando queira ou poida.

Desta volta imos abordar un tema que nos preocupa moito: a educación afectivo-sexual. Para axudarnos, contaremos coa presenza das educadoras Chis Olbeira e Amada Traba. Abordar o reto de educar o afectivo-sexual na adolescencia nunha época onde as pantallas nos dan acceso directo a todo tipo de contidos, onde o lugar do afectivo pasa a un plano máis secundario, é complexo. Por iso reflexionaremos xuntas/os sobre que podemos facer e como o podemos enfocar no noso día a día,

Gustaríanos contar con vós. En caso de ter dificultades de asistencia por conciliación ou por horario poñédevos en contacto co centro e trataremos de buscar alternativas nesta ou en vindeiras ocasións. A vosa presenza é importante. 

Nais, pais, avoas, avós, irmás… toda a familia conta na educación das crianzas, animádevos a vir.

Importante: haberá merenda, en caso de contar con intolerancias alimenticias por favor comunicádeo ó centro.

 

 

ONDE? Na biblioteca do IES Ramón Cabanillas

CANDO? O luns 12 de decembro de 2022 ás 20.00 (ou ás 19h30)

Escola de familias

Estimadas familias,

Tras a boa acollida da Escola de Familias do IES Ramón Cabanillas, dámoslle continuidade o vindeiro luns día 14 de novembro ás 20.00 horas na biblioteca do instituto.

Falaremos de comunicación, emocións e afectividade no acompañamento da adolescencia. 

Gustaríanos contar con vós. En caso de ter dificultades de asistencia por conciliación ou por horario poñédevos en contacto con Silvia (a orientadora do centro) e trataremos de buscar alternativas nesta ou en vindeiras ocasións. A vosa presenza é importante. 

Nais, pais, avoas, avós, irmás… toda a familia conta na educación das crianzas, animádevos a vir.

Importante: haberá merenda, en caso de contar con intolerancias alimenticias por favor comunicádeo á orientadora.

ONDE? Na biblioteca do IES Ramón Cabanillas

 

CANDO? O luns 14 de novembro de 2022 ás 20.00

Exposición na Biblioteca do Cabanillas

Este mes de outubro pódese visitar na Biblioteca do centro a recreación dunha aula dos anos 70. Ademais do mobiliario, cedido polo Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), pódense ver na mostra libros históricos do noso instituto e materiais do laboratorio de Física e Química e de Bioloxía e Xeoloxía. Esta mostra forma parte das actividades do cincuentenario do centro.

LIBROS PARA O CURSO 2022/2023

 

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA-ESO

O noso centro mantense no Programa Edixgal, polo que o alumnado seguirá contando cun ordenador portátil dotado con libros dixitais na maioría das materias; e en base ao que marca a normativa vixente non terá acceso ás axudas de Fondo Libros.

No curso que empeza en setembro iníciase a implantación da nova lei educativa, a LOMLOE, razón pola que en algunhas materias que non están en Edixgal o alumnado terá que mercar libro, ao non estar adaptados á nova lei os libros cos que contamos no fondo de préstamo que temos no centro.

O listado de libros para ESO aparece no arquivo adxunto. Os libros que non aparecen terán que falar có profesorado en setembro dado que debido a que están pendentes de que as editoriais saquen os novos libros.

BACHARELATO

O listado de libros para o vindeiro curso escolar 2022-2023 atópase no arquivo adxunto.

Calendario de admisión e prazas vacantes curso 2023 - 2024

 

 

CALENDARIO ADMISIÓN 2023/2024 ESO + BACHARELATO

 

 

DATAS/PRAZOS

 

TRÁMITE

 

16 Xaneiro - 06 Febreiro

Reserva de praza no centro adscrito

Reserva Praza en Centros Adscritos: CEIP DE CORVILLÓN E CEP ANTONIO MAGARIÑOS PASTORIZA.

Ata o 28 de Febreiro

Renuncia á reserva nos centros adscritos

28 de Febreiro

Publicación Vacantes

1 de Marzo - 20 de Marzo

SOLICITUDES ADMISIÓN

21 de Marzo - 31 de Marzo

Presentación documentación acreditativa criterios baremo

20 de Abril

Publicación listaxes provisionais Admitidos e Non Admitidos

21 de Abril - 27 de Abril

Reclamacións ás listaxes provisionais

Antes do 15 de Maio

Publicación das listaxes Definitivas

23 de Xuño ao 7 de Xullo

Formalización Matrícula ESO e BACHARELATO

 

Se finalizado o prazo de matrícula non se tivese formalizado esta, terase por decaído o dereito á praza obtida.

 

 

 

 

PRAZAS VACANTES CURSO 2023/2024

 

 

Curso

 

 

Modalidade

 

Vacantes

 

NEAE

1º ESO

 

10 6

2º ESO

 

0

 

3º ESO

 

23

 

4º ESO

 

17

 

1º BACHARELATO

CIENCIAS E TECNOLOXÍA

19

 

1º BACHARELATO

HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

20

 

2º BACHARELATO

CIENCIAS

6

 

2º BACHARELATO

HUMANIDADES

22

 

Distribuir contido


by Dr. Radut