Skip to Content

GUIA PARA LA BÚSQUEDA DE EMPLEO Y NUEVAS TECNOLOGÍAS

 

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER Ó CONTIDO

AdxuntoTamaño
Guía para la búsqueda de empleo. Nuevas tecnologías..pdf855.4 KB
GUIA.jpg85.01 KB

Becas MECD

 Inclúo un documento coas instrucións e requisitos para solicitar a Beca MECD:

- Información sobre a beca MECD

Hai que ter en conta que a resolución para o próximo curso académico aínda non saíu, por tanto as datas son variables, aínda que solen ser sempre sobre eses meses e as condicións sempre son as mesmas.

A continuación engado unha serie de páxinas importantes/necesarias para informarse sobre estas becas así como a súa petición:

  • Información varia sobre a beca para estudos non universitarios (preguntas frecuentes, prazos, condicións, presentación, vídeos para a solicitude....)

http://www.educacionyfp.gob.es/educacion/mc/becas-generales/2018-2019/estudios-no-universitarios.html

 

  • Guía de presentación sobre a beca

https://www.dudasbecasmec.com/2016/08/guia-de-presentacion-convocatoria-de.html?utm_source=feedburner&utm_medium=email&utm_campaign=Feed%3A+DudasBecasMec+%28Dudas+becas+mec%29

 

  • Resolución da beca ano 2018/2019 (pendente a deste curso académico)

Resolución da beca 2018/2019

 Cando saia a convocatoria deste curso engadireina, así como un acceso directo a páxina onde tedes que solicitar de maneira online a mesma.

Graos existentes actualmente en toda Galicia

 

No documento que adxunto a continuación podedes atopar información sobre os Graos Universitarios existentes actualmente en toda a Galicia (Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo) por ramas de coñecemento (Arte e Humanidades, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas e Enxeñerías). Así mesmo, tamén se fai alusión a títulos propios e dobres graos.

Resaltar, que esta entrada será obxecto de modificación a medida que se vai ampliando a oferta formativos dos graos.

 

GRAOS UNIVERSIDADES DE GALICIA

Admisión e matriculación do alumnado en centros públicos en Galicia para o curso 2019/2020

O día 1 de febreiro iniciouse o procedemento de admisión e matriculación do alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato para o curso 2019/20.

Calendario do proceso de admisión:

Reserva de praza no centro de orixe ou centro de adscrición. Do 1 ó 15 de Febreiro.
Dato do sorte público da letra a efectos de empate. Última semana de febreiro.
Publicación de postos escolares vacantes. Antes do 1 de marzo.
Presentación da solicitude de admsiión dos alumnos que cambien de centro para seguir cursando a mesma ensinanza ou para estudos superiores. Do 1 ó 20 de marzo.
Presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo. A partir do 22 de marzo.
Publicación da listaxe provisional de admitidos e non admitidos. Antes do 25 de abril.
Reclamacións 5 días hábiles a partir do día seguinte da publicación da listaxe provisional.

 

Criterios a seguir para a solicitude:

  • Pódese solicitar praza ou ben a través de internet na aplicación informática (www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) ou presentando a solicitude cumprimentada no centro.
  • O alumnado que pretenda continuar estudos nun cnetro adscrito, para reservar praza deberá presentar no centro de orixe ou a través de internet o formulario de solicitude (ANEXO I- http://www.edu.xunta.gal/portal/node/8858
  • O alumnado que solicite praza nun centro non adscrito (caso do alumnado de 4º ESO do noso centro) solicitará a admisión a través de internet ou de forma presencial, indicando como primeira opción ou en calquera dos lugares ou rexistros establecidos utilizando o formulado de solicitude (ANEXO II- http://www.edu.xunta.gal/portal/node/8858). Na solicitude pódese relacionar ata seis xentros por orde de preferencia.
  • Os formularios serán facilitados gratuitamente nos centros e tamén estarán dispoñibles na páxina web da consellería: www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
  • Poderase consultar o estado de tramitación da solicitude a través da aplicación informática utilizando o códifo de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
  • Todas as solicitudes que non poidan obter praza nos centros solicitados serán remitidas á Comisión de Escolarización que lles asignará praza nos centros onde teñan vacantes tendo en conta, cando así sexa posible, as preferencias indicadas polas familias na solicitude e puntuación obtinada do baremo.

Calendario de matriculación:

  • Educación Infantil e Educación Primaria: do 20 ó 30 de xuño.
  • Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato: Do 25 de xuño ó 10 de xullo.
  • Prazo extraordinario para ESO e Bacharelato: Do 1 ó 10 de setembro.

Reclamacións:

As reclamacións contra a resolución do Consello Escolar, Comisión de Escolarización e, se é o caso, da Inspección Educativa, poderanse presentar no prázo máximo de 5 días hábiles contando despois do día da publicación da listaxe, ante o órgano que as dictou.

Normativa:

  • Decreto 254/2012, do 13 de decembro, de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.
  • Orde 12 marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado.
  • Orde 25 xaneiro 2017 pola que se modifica a anterior orde.

Documentación:

Máis información a consultar nos propios centros educativos, nos Departamentos Territorias da Consellería ou en Coruña na Xefatura Territorial (Calle Vicente Ferrer).

AdxuntoTamaño
ANEXO II.pdf1.01 MB
ANEXO I.pdf876.74 KB

Plan Anual

CONMEMORANDO O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, TAMÉN NA BIBLIO!

Co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller, o 8 de Marzo colocáronse na biblioteca cartaces con información da vida e obra dunha serie de autoras, co fin de visibilizar as aportacións femininas á literatura. A continuación deixámosvos a relación das autoras así mullerenaxeadas:

Marilar Aleixandre

An Alfaya (María de los Ángeles Alfaya Bernárdez)

 

Agatha Christie (Agatha Mary Clarissa Miller)

 

Cornelia Funke

 

María Laura Espido Freire

 

Carmen Laforet

 

Judith Kerr

 

Marina Mayoral

 

Stephenie Meyer

 

Carmen Martín Gaite

 

Elvira Lindo

 

María Dueñas

 

Maite Carranza

 

Rosa Regás

 

Soledad Puértolas

 

Christine Nöstlinger

 

Gertrude Stein

 

Ana María Matute

 

Kimberly Killion

 

Emilia Pardo Bazán

 

 

Esta acción incardínase no Proxecto Interdisciplinar para a Promoción de Actitudes Saudables co que o noso IES participa no Plan Proxecta (Quérote+)

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut