Estatísticas 2ª Avaliación 2017-18

Poden consultarse premendo aquí.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

AFAFA

   

ABRIL DE LIBROS... MAIO DE LETRAS

Biblioteca interactiva do IES de Quiroga                 Elaboración de carteis cinematográficos

Fiches des écrivaines francophones                                                  Lecturas nos CEIPs

Concurso de cartas para Mª Victoria Moreno                           Convocatoria E ti que les?

Elaboración de marcapáxinas de Mª Victoria Moreno                     Cada ovella coa súa parella

 Elaboración da edición 2018 de "O Eco do Val".

Enlace aos artigos publicados en rede

 

Charla de Pilar García Negro sobre Rosalía de Castro

Encontro con Marilar Aleixandre e con África Sánchez

Charla de Uxío Breogán Diéguez sobre a memoria histórica

 
 Semana Escolar das Letras: María Victoria Moreno (Deputación de Lugo)  
Exposición Defensa da Lectura (homenaxe a Forges)  

PARÁMETROS DE PONDERACIÓN DAS PABAU 2018-19

Xa podedes consultar na páxina do Departamento de Orientación os parámetros de ponderación das PABAU (antiga Selectividade) para o curso 2018-19.

ESTATÍSTICAS 1ª AVALIACIÓN 17-18

Podedes consultalas aquí.

PUBLICACIÓN EN COLABORACIÓN COA CASA MUSEO EMILIA PARDO BAZÁN

O 21 de decembro presentouse no salón de actos da Real Academia Galega o caderno que recolle a versión ilustrada do conto "Las medias rojas" de Emilia Pardo Bazán. Os debuxos que acompañan o texto foron realizados por alumnado deste centro educativo ao longo do primeiro trimestre do curso 2016-2017. Esta actividade, promovida dende a Biblioteca Escolar, materializouse grazas á colaboración do Departamento de Lingua Castelá e do Departamento de Educación Plástica e Visual, e á creatividade dos rapaces e rapazas que convertiron en imaxes o texto desta autora. Ademais de todas as persoas que participaron activamente no desenvolvemento desta proposta, onte estiveron presentes no acto de presentación Marilar Aleixandre e Xulia Santiso, en representación da RAG e a Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, respectivamente, e unha boa parte do alumnado de BAC do IES de Quiroga.

Parabéns aos autores e autora das ilustracións finalmente seleccionadas (Aarón Esteves, Paula González, Luis Emilio Núñez, Mario Quiroga e Pedro Sánchez) e ao responsable da edición e autor do debuxo da portada, Patxi Jaureguízar.

Os medios locais reseñan a presentación na Casa Museo Emilia Pardo Bazán como podedes ver neste enlace.

 
   

ÚLTIMA HORA!! Tamén saímos no Telexornal noite da Televisión de Galicia do luns 8 de xaneiro!! Velaquí tedes o vídeo da nova. Se non tedes un exemplar do caderno coa versión ilustrada de Las medias rojas (é unha edición limitada), podedes acceder á nosa publicación na rede, neste enlace.

 

NOVO NÚMERO DO BIBLIOLETÍN

Xa podedes consultar na sección correspondente o novo número do Biblioletín, que xa vai polo 13 (meigas fóra). Coma sempre, recomendacións máis ca interesantes!.

Relación definitiva de admitidos e excluídos do fondo de libros para o curso 2017-18

Consultádea nestas ligazóns: Admitidos - Excluídos

Libros de texto 2017-18

Para consultardes os libros de texto do curso 2017-18 premede aquí

Estatísticas Avaliación Ordinaria

Podedes consultalas aquí:

Distribuir contido