CONVOCATORIA AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

16/02/2024 09:25

Publicada a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato que cursa en centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG do 12/02/2024).

A solicitude destas axudas iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible na páxina web do programa: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguin­te ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (dende o 13 de febreiro ata o 12 de marzo de 2024, ambos incluídos).

MENÚ COMEDOR FEBREIRO 2024

Menú base e dietas especiais do comedor correspondentes ao mes de febreiro de 2024. (Para velo abrir o adxunto)

Información viaxe a Andalucía

12/02/2024 06:20

Quedan á disposición das familias o programa de viaxe a Andalucía e o documento que se debe asinar para poder participar, tal e como se acordou na reunión do día 5 de febreiro.

ACTIVIDADE PARA AS FAMILIAS

O día 2 de febreiro ás 18:00 celebrarase nas instalacións do instituto unha actividade dirixida ás familias.

A actividade é unha charla sobre ciberseguridade e ciberacoso impartida por personal da garda civil dentro do Plan Director de Seguridade.

Aínda que deseñamos a actividade para as familias do centro, invitamos a calquera persoa con interese no tema a asistir á mesma.

O IES de Ponte Caldelas seleccionado como centro "Ponte nas Ondas" modelo de boas prácticas co Patrimonio.

17/01/2024 06:02

O IES de Ponte Caldelas foi recentemente seleccionado xunto con outros 19 centros educativos galego, na convocatoria definitiva de Centros “Ponte... nas ondas! Modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)” durante o curso 2023/24. 

O Patrimonio Cultural Inmaterial ou patrimonio vivo é unha herdanza dos antepasados que se transmite aos sucesivos descendentes e nel inclúense, segundo a UNESCO, as tradicións orais, as artes do espectáculo, os usos sociais, os rituais e actos festivos, os coñecementos e as prácticas relativas á natureza e ao universo, e os coñecementos e técnicas vencelladas á artesanía tradicional. Trátase dun patrimonio que infunde un sentimento de identidade e continuidade e que promove a cohesión social, o respecto pola diversidade cultural e a creatividade humana. Ademais, axuda ás comunidades a construír sociedades resilientes, pacíficas e inclusivas.

Este centro educativo caracterízase por realizar investigacións sobre o patrimonio da comarca dende hai moitos anos. O noso alumnado habitualmente fai entrevistas ás familias para recoller información do que ocurría noutras épocas, de ferramentas, de bailes, de cantares, sucesos históricos, a guerra civil... Con toda esa información adoitamos realizar traballos creativos, debuxos, vídeos, pod-cast que reflexen dun xeito divertido e moderno unha historia valiosa que tratamos de manter viva ou cando menos de recordala. Nas webs recollemos eses procesos para que toda a comunidade educativa teña acceso a esa información. web MEMORIA