INFORMACIÓN MOI IMPORTANTE

1) O MARTES 20 DE XUÑO RECOLLERANSE OS LIBROS DE PRÉSTAMO
Os alumnos que recibiron libros de préstamo do centro deberán entregalos.
No caso dos libros que constan de varios tomos, haberá que entregalos todos para que se considere a devolución conforme.
Recordamos que deben estar forrados, en bo estado e co nome escrito na pegatina.
Se algún libro presenta desperfectos ou foi extraviado deberá repoñerse.
Lembramos que a devolución completa e en bo estado dos libros deste curso é imprescindible para a concesión da axuda o vindeiro curso.

2) Lembramos que o MÉRCORES 21 DE XUÑO remata o prazo para presentar a solicitude de axuda FondoLibros.

3) BOLETÍNS DE NOTAS
As notas aparecerán publicadas en Abalar o venres 23 de xuño pola tarde e a entrega de boletíns será o luns 26 de xuño ás 10:00 horas. Ese día non hai transporte escolar.

4) As DATAS DE MATRÍCULA para o vindeiro curso 2023/2024 serán publicadas proximamente.

HORARIO EXAMES AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA 1º E 2º BACHARELATO

No arquivo adxunto pódese consultar o horario de exames da avaliación extraordinaria de 1º e 2º de Bacharelato.

CONVOCATORIA DE FONDOLIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023/2024

Esta convocatoria está recollida na Orde do 10 de maio de 2023, publicada no DOG do venres 19 de maio de 2023.

Prazo de solicitude: remata o 21 de xuño de 2023.
Requisitos previos: é imprescindible devolver os libros de texto recibidos do fondo solidario no curso 2022/23 en bo estado. A data límite de devolución é o 21 de xuño.
Solicitude:

  •   Será presentada pola nai, pai ou titores/representantes legais.
  •   Cubrirase usando os formularios do procedemento ED330B (Anexo I e anexo II), dispoñibles na Conserxería do instituto ou descargables nesta publicación, na aplicación Fondolibros ou na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
  •   Pode cubrirse en papel ou na aplicación Fondolibros.
    • Se se cubre en papel farase unha solicitude incluíndo a todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro e entregarase presencialmente na Secretaría xunto coa documentación correspondente.
    • Se se cubre en Fondolibros farase unha solicitude separada para cada filla/o, gardarase xerando un número de solicitude e poderase escoller entre imprimila e presentala na Secretaría ou presentala a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia. En ambos casos haberá que presentar tamén a documentación correspondente.

 Documentación necesaria:

A voz da memoria

O 27 de Abril proxectouse no centro o video-documental realizado este curso por alumnado de Bacharelato que recolle testemuños de avoas e veciñas sobre dereitos das mulleres  durante os anos do franquismo.

 

CALENDARIO DE RECLAMACIÓNS DA CONVOCATORIA ORDINARIA DO SEGUNDO CURSO DE BACHARELATO

Seguindo a normativa vixente publícase, nun documento adxunto, o calendario de reclamacións contra as cualificacións de materias de segundo curso de bacharelato ou de materias pendentes de primeiro curso de bacharelato.

Achégase así mesmo o modelo do impreso en formato PDF que tamén está dispoñible na secretaría do centro.