ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2024_2025

RESERVA DE PRAZA CURSO 24_25

Tódalas solicitudes de reserva de praza no noso IES para o curso 24_25 foron admitidas. Poden consultarse as listaxes no taboleiro de anuncios do centro. Tamén na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/. Neste caso, precísase o código de solicitude e a documentación de identidade dun dos responsables do menor.

 

CALENDARIO DE REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DE 2º BACHARELATO_CONVOCATORIAS ORDINARIA E EXTRAORDINARIA 23_24

10/05/2024 08:12

O procedemento para formular reclamacións ás cualificacións finais de 2º Bacharelato no curso 23_24 vén establecido pola Instrución 10/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, de acordo cos artigos 39 a 43 da Orde do 26 de maio de 2023, que

desenvolve o Decreto de ordenación e currículo do Bacharelato.

 

Nos documentos adxuntos pódense consultar os trámites a desenvolver e os prazos, tanto para a convocatoria ordinaria como extraordinaria. Xúntase tamén modelo de reclamación en formato PDF. O impreso está dispoñible na secretaría do centro.

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

09/05/2024 08:53

Dende o pasado 30 de abril, e ata o 13 de setembro de 2024, está aberto o prazo para solicitar as axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE).

A información está dispoñible no portal de bolsas do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

A solicitude farase de modo telemático, no seguinte enlace: https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2109 

Pódese consultar a convocatoria, así como un extracto da mesma, nos arquivos adxuntos.

CONVOCATORIA DE BOLSAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E DEPORTES PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS NO CURSO 2024_2025

 

LEMBRADE QUE O PRAZO DE SOLICITUDE DAS BOLSAS REMATA O 10 DE MAIO DE 2024 ÁS 15:00 H, HORA PENINSULAR!

Para solicitar a bolsa, é preciso entrar na sede electrónica: https://sede.educacion.gob.es.

Dende a sede electrónica, pódese acceder á solicitude da bolsa con Cl@ve ou certificado electrónico, e, se non se dispón deles, é preciso rexistrarse antes para poder acceder. No rexistro, crearemos un usuario e un contrasinal que xa nos permitirán continuar coa tramitación.

MENÚ COMEDOR MAIO 2024

Menú base e dietas especiais do comedor correspondentes ao mes de maio de 2024. (Para velo abrir o adxunto)