AXUDASLE_PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS

24/04/2024 04:31

Publicadas as listaxes provisionais de alumnado seleccionado e suplente e listaxe de solicitudes que precisan remisión de documentación, relativas á convocatoria de axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos. Pódense consultar as litaxes na web da convocatoria www.edu.xunta.gal/axudasle e no Portal Educativo www.edu.xunta.gal/portal/node/42968.

A listaxe provisional do alumnado seleccionado está exposta no taboleiro de anuncios do IES. 

MENÚ COMEDOR ABRIL 2024

Menú base e dietas especiais do comedor correspondentes ao mes de abril de 2024. (Para velo abrir o adxunto)

CONVOCATORIA DE BOLSAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E DEPORTES PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS NO CURSO 2024_2025

19/03/2024 06:48

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes vén de publicar a convocatoria de bolsas para o alumnado que curse estudos postobrigatorios no curso 2024_2025 (enlace ao extracto da Resolución publicada no BOE). 

Estas bolsas van dirixidas a alumnado que se matricule en Bacharelato, Formación Profesional (Grao Básico, Grao Medio, Grao Superior), ou en estudos universitarios, entre outros.

O prazo de solicitude esténdese dende o día 19 de marzo de 2024 ás 09:00, hora peninsular, ata o 10 de maio de 2024 ás 15:00, hora peninsular, ámbolos dous inclusive.

A solicitude debe facerse obrigatoriamente de xeito telemático, entrando na sede electrónica do Ministerio.

É importante que presentedes a vosa solicitude en prazo, aínda que non saibades que estudos ides cursar no vindeiro ano académico 2024_2025. De non facelo, quedaredes sen posibilidade de acceder á bolsa de estudos.

Podedes acceder a toda a información no portal de Bolsas do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

 

INSCRICIÓN NAS PROBAS DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIA DIXITAL

Amplíase ata o 15 de marzo o prazo de solicitude e inscrición nas probas específicas para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa 4º de educación secundaria obrigatoria e 2º de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

Para máis información ver o arquivo adxunto "Resolución acreditación competencia dixital.pdf"

MENÚ COMEDOR MARZO 2024

Menú base e dietas especiais do comedor correspondentes ao mes de marzo de 2024. (Para velo abrir o adxunto)