Equipo Dinamización Lingüística

Gañadores do Concurso de "Cartas de amor non romántico"

26/02/2024 08:23

Aqui tendes os gañadores do concurso de "Cartas de amosr non romántico":

Os tres de 1º ESO, Gael Carballo, Pepe Zas e Jabob Emrys Arca e unha mención especial para Alicia Arruti de 4º pola súa carta "Queridas ganas de cambio".

                                                                           

BENVIDA A UN ESPAZO DE DIVERSIDADES

O grupo de Igualdade-LGTBI do EDLG levou a cabo a actividade "Benvida a un espazo de diversidades" que puidemos ver na entrada do centro. Ademais, elaboramos un vídeo coas actividades feitas durante o curso que podedes ver nesta ligazón. Parabéns polo traballo!!!

 

A PALABRA HERDADA

Nesta ligazón do blog Mil falares podedes ver algúns dos vídeos de "A palabra herdada" creados polo alumnado. Con este proxecto, queremos valorar a importancia de "herdar" a lingua, pois garantir a transmisión lingüística é o mellor xeito de mantela viva.

VIDEOPOEMAS ROSALÍA

Nesta ligazón podedes ver as tres creacións gañadoras do concurso de videopoemas sobre Rosalía. Os seus autores son Xandre Malvar (1º ESO), María Cochón e Jairo Freaza (2º BACH). Parabéns polo voso traballo!!!

 

 

PREMIOS DE RELATO LGTBI E DE VIDEOPOEMAS ROSALÍA

Para rematar o segundo trimestre, levamos a cabo a entrega de premios dos concursos de relato LGTBI e de videopoemas sobre Rosalía. Grazas a todo o alumnado participante e parabéns ás persoas finalistas e gañadoras!!! Aquí podedes ver unha foto delas cos seus agasallos.