Equipo Dinamización Lingüística

Vídeo a prol do galego para o EDLG de Aurea Adán, cantareira de Laxoso.

Se premes na imaxe poderás ver o vídeo elaborado por Carlos Martín Pazos, alumno de 4º da ESO- B, no que entrevista a Aurea Adán, cantareira de Laxoso, e no que fai unha defensa da lingua galega. Este vídeo foi proxectado na Festa da Lingua.


Retransmisión da Final do Club de Debate. 23 de febreiro de 2013

Aquí está a retransmisión da final do Clube de Debate do pasado sábado 23 de febreiro no Café Moderno de Pontevedra. A esta final chegamos despois de quedar os primeiros na clasificación eleminatoria do pasado 2 de febreiro. Na final enfrontámonos ante o IES do Sánchez Cantón. Despois de 36 minutos de intenso e igualado debate, o xurado determinou gañador ao IES do Sánchez Cantón por 198'5 puntos fronte a 196 obtidos polos nosos participantes.

Estas imaxes son unha homenaxe a un alumnado que soubo defender con moita dignidade e calidade unha opción nada doada de defender demostrando unha elevada categoría á hora de enfrontarse a un auditorio e a un reto intelectual de bastante dificultade. Parabéns ao equipo gañador porque souberon defenderse ben dos ataques dialécticos propostos polos nosos alumnos.


Final Club de Debate en Ponte.tv