XORNADA DE PRESENTACIÓN DO CURSO ÁS FAMILIAS

O vindeiro luns 25 de setembro levaremos a cabo a reunión coas familias segundo o seguinte horario:

  • 1º e 2º ESO: 18:15 horas
  • 3º e 4º ESO: 19:00 horas
  • 1º e 2º Bach: 19:45 horas

En primeiro lugar reuniremos ás familias no salón de actos. O equipo directivo e a orientadora darán unha serie de indicacións de carácter xeral. Despois as familias subirán co titor ou titora correspondente á aula do grupo.

 

FONDOLIBROS: LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS CURSO 23_24

12/07/2023 09:16

No día de hoxe publicáronse as listaxes provisionais de admitidos e excluídos para as axudas de libros.

Poden consultarse telematicamente na aplicación Fondolibros, identificándose con certificado dixital ou Chave 365, ou presencialmente, no taboleiro interior do instituto en horario de 9:00 a 14:00.

Deben comprobar que a cantidade de libros que lle asignan corresponde co nivel da renda familiar. É importante que se algún membro da familia non marcou na solicitude que ten discapacidade do 33% ou por enriba nolo comunique.

En caso de detectar algún erro, dispoñen de dous días, 13 e  14 de xullo, para avisar no centro e corrixilo. O 26 de xullo publicaranse as listaxes definitivas e daquela saberán os libros concretos que lles corresponden.

LISTAXE DE LIBROS PARA O CURSO 2023-2024

No documento adxunto poden consultar os libros que se empregarán no curso 2023/2024.

Antes de realizar ningunha compra lean detidamente o apartado de "Observacións" xa que nalgunhas materias se indica expresamente que se espere ás indicacións que dea o profesorado e iso será en setembro.

No caso da ESO, lembren que as listaxes provisionais de beneficiarios e beneficiarias de Fondolibros se publicarán o 12 de xullo e as definitivas o 26 de xullo.

Estas listaxes estarán expostas no taboleiro do centro ou poderán consultarse na aplicación Fondolibros identificándose con certificado dixital ou Chave 365.

CALENDARIO DE RECLAMACIÓNS DAS CUALIFICACIÓNS E DAS DECISIÓNS DE PROMOCIÓN E OBTENCIÓN DO TÍTULO ACADÉMICO QUE CORRESPONDA NAS CONVOCATORIAS FINAL DA ESO E EXTRAORDINARIA DE BACHARELATO DE XUÑO DE 2023

Seguindo a normativa vixente publícase, nun documento adxunto, o calendario de reclamacións contra as cualificacións e decisións de promoción e titulación na convocatorias final da ESO e extraordinaria de bacharelato de xuño de 2023.

Achégase así mesmo o modelo do impreso en formato PDF que tamén está dispoñible na secretaría do centro.

MATRÍCULA CURSO 2023/24

Prazos:

  • O alumnado matricularase do 26 ao 30 de xuño consonte á distribución detallada no documento adxunto.
  • As familias que teñan varios/as fillos/as no centro en distintos niveis poderán facer todas as matrículas no mesmo día.

Documentación:

Para todo o alumnado:

  • Impreso de matrícula cumprimentado. Os impresos seranlles entregados ao alumnado o día 26 de xuño xunto co boletín de notas. Tamén estarán dispoñibles na conserxería do centro.
  • Copia do DNI e da tarxeta sanitaria.
  • Fotos tamaño carné co nome e apelidos escritos detrás (tres se é a primeira vez no centro e dúas o resto de anos).
  • Todo o alumnado que se matricula en 3ºESO, 4ºESO ou Bacharelato ten que aboar o Seguro Escolar (1,12€).

Segundo as circunstancias familiares:

  • Custodia en casos de separacións.
  • Certificados de minusvalía.
  • Informes médicos de cuestións que se aleguen.
  • Acreditación da necesidade dunha segunda parada de autobús.