Skip to Content

Modificación do calendario escolar para o curso 22/23

Na seguinte ligazón, poden acceder ao DOG do 5 de xaneiro no que se publica a modificación do calendario escolar para o curso 2022-23. 

ORDE do 27 de decembro de 2022 de modificación da Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Teñan en conta as seguintes modificacións da Orde do 27 de decembro

CALENDARIO DE MATERIAS PENDENTES

Publícase o calendario das materias pendentes

Alumnado de 2º ESO participa na DixitalWeek

O alumnado de 2º da ESO do Ies Pobra do Caramiñal participou no programa DixitalWeek da Xunta para mellorar as competencias dixitais en inglés. Este celebrouse en Bergondo do 6 ao 12 de novembro.

A curtametraxe Rompente foi preseleccionda para os Premios Goya 2023

A curtametraxe Rompente, de Eloy Domínguez Serén, con escenas rodadas no IES da Pobra do Caramiñal durante o curso 2020-21, foi preseleccionada para a 36 edición dos Premios Goya.

Parabéns e moita sorte!

https://www.academiadecine.com/2022/10/27/preseleccionados-los-cortometrajes-de-los-37-premios-goya/

REUNIÓN FAMILIAS/TITORES E REPARTO DE ORDENADORES E-DIXGAL

O vindeiro martes, día 20 de setembro, faremos no IES da Pobra do Caramiñal dúas reunións familias/titores e familias/equipo directivo. 

Por favor, consulten o adxunto: 

INFORMACIÓN EDIXGAL PARA AS FAMILIAS

OLA, NO ADXUNTO TEDES INFORMACIÓN RELATIVA AO EDIXGAL PARA AS FAMILIAS. 

UN SAÚDO, 

ALEJANDRO (DIRECTOR)

Instrucións para a xestión da Covi-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023

Se é do seu interese, nesta ligazón poden atopar as Instrucións conxuntas ao respecto das recomendacións xerais para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023

 

Información VALES PARA MATERIAL e FONDO LIBROS

 Poden consultar no teléfono do IES da Pobra do Caramiñal (881 86 70 64) se lles foi concedido o vale para material para o curso 2022-23. 

Os vales entregaranse presencialmente ao pai/nai/titor legal na Administración do IES da Pobra do Caramiñal, a partir do luns, 5 de setembro e ata o venres, 9 de setembro, en horario de 9.00 a 14.00 horas. 

O alumnado de 3º e 4º da ESO beneficiario do Fondo Libros recibirá o seu lote durante a xornada escolar entre os día 8 e 9 de setembro. 

O alumnado de 1º e 2º da ESO - a partir deste curso académico formamos parte do programa E-Dixgal-, recibirá o seu libro dixital (ordenador) unha vez que comecen as clases. 

Listaxe admitidos ciclos curso 22/23

Ola, no adxunto tedes as listaxes de admitidos en ciclos. Pasade polo centro a formalizar as matriculas.

 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 22/23

Nos documentos adxuntos poden atopar os libros de texto para o curso 2022-23

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut