Skip to Content

Modificación do calendario escolar para o curso 22/23

Na seguinte ligazón, poden acceder ao DOG do 5 de xaneiro no que se publica a modificación do calendario escolar para o curso 2022-23. 

ORDE do 27 de decembro de 2022 de modificación da Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Teñan en conta as seguintes modificacións da Orde do 27 de decembro

Un. Os números 2 e 3 do artigo 10. Sesións de avaliación, quedan redactados como segue:

«2. A sesión de avaliación final ordinaria do alumnado do primeiro curso do bacharelato e a sesión da avaliación final de módulos do alumnado do primeiro curso dos ciclos formativos de grao básico deberán realizarse a partir do día 5 de xuño de 2023.

3. As sesións de avaliación final extraordinaria do alumnado do bacharelato e do primeiro curso dos ciclos formativos de grao básico, a sesión de avaliación final do alumnado da educación secundaria obrigatoria, as sesións da avaliación final de ciclo do segundo curso dos ciclos da formación profesional básica e as sesións da avaliación final de módulos do alumnado dos ciclos formativos de formación profesional deberán realizarse a partir do día 22 de xuño de 2023.

A sesión da terceira avaliación parcial da educación secundaria obrigatoria deberá coincidir coa sesión de avaliación final».

Modifícase o número 8 do artigo 7 da Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no Sistema educativo de Galicia, que queda redactado como segue:

«8. A cualificación definitiva das materias e dos ámbitos farase efectiva na avaliación final do curso».»

 



page | by Dr. Radut