Skip to Content

Info Probas Acceso Grao Medio

Mano escribiendo en un papel con un bolígrafo Foto gratis

Modalidade

  • As Probas de Acceso a Ciclos de Grao Medio realízanse en Modalidade Presencial nalgún dos centros indicados na resolución correspondente.

Requisitos de Acceso

  1. Ter 17 anos ou cumprir esa idade no ano en que se realiza a proba.
  2. Non cumprir os requisitos académicos exixidos para acceder a este tipo de estudos.

O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.

Organización

As Probas de Acceso a Cliclos de Grao Medio desenvólvense nunha proba que se divide en 3 partes.

  • Parte Sociolingüística.
    • Lingua Galega.
    • Lingua Castelá.
    • Ciencias Sociais.
  • Parte Matemática.
    • Matemáticas.
  • Parte Científico-Técnica.
    • Ciencias da Natureza
    • Tecnoloxía.

Duración

Os exames de cada un dos tres ámbitos realízanse ao longo dun mesmo día entre a mañá e a tarde.

Modelos de Exame

Podes consultar aquí os exames realizados outros anos.

Materiais

Podes atopar os materiais aquí.

Matrícula

A información relativa á matrícula pode atoparse no apartado correspondente da sección Trámites da web.



page | by Dr. Radut