Matrícula Probas de Acceso a Ciclos de Grao Medio ou Grao Superior
O alumando que desexe realizar a matrícula nas Probas de Acceso a Ciclos de Grao Medio ou nas Probas de Acceso a Ciclos de Grao Superior deberá seguir os pasos específicos que se publicarán na web do centro. Se ben a matrícula farase a través dunha aplicación específica que a Consellería de Educación abrirá para tal efecto e poderá presentarse a través de 2 vías:
- Vía Electrónica.
- Cubrirase a Solicitude de Acceso a Ciclos.
- Empregarase calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal).
- Vía Presencial.
- Cubrirase a Solicitude de Acceso a Ciclos.
- Solicitarase cita previa enviando un correo co asunto “ACCESO CICLOS: Cita_Nome alumna ou alumno” a citapreviafloriani@gmail.com.
-
Posteriormente descargaranse o documento en PDF, imprimiranse na casa e levaranse xa asinados ao centro.
Calquera incidencia ou dúbida que poida xurdirlle ao alumnado sobre o proceso de matriculación, pode consultala no enderezo electrónico ies.pedro.floriani@edu.xunta.gal ou no teléfono 886 12 04 13.
Ademais o alumnado pode solicitar información para guiarse na súa escolla no servizo de Orientación.