Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

Recomendámosche

Concurso Es de libro. Concesión de mención extraordinaria.

As alumnas, Marta Hermo Campaña e Lucía Santiago Fernández de 1º ESO, coordinadas pola profesora Trini Pazos, obtiveron unha mención extraordinaria na 10ª edición do concurso Si eres original, eres de libro co traballo de investigación L

VISITA DE XURXO MARIÑO

O profesor Xurxo Mariño visitounos para contarnos as experiencias vividas na viaxe arredor  do mundo que fixo entre os anos 2013 e 2014.

Xurxo Mariño é doutor en Ciencias biólóxicas pola USC e actualmente é profesor na Universidade da Coruña. Está especializado en neurofisioloxía.

Na súa páxina Vagamundeando podedes seguir o percorrido desta interesantisima viaxe.

FESTIVAL DE XADREZ PRIMAVERA 2016 NO IES Nº1

Entre o 14 e o 28 de abril, celebrarase no noso centro o Festival de xadrez Primavera 2016, campionato na modalidade de xadrez rápido ao que estades invitados a participar.

O IES Nº1 subcampión no Campionato escolar local de xadrez

O equipo infantil do club de xadrez do Instituto Nº1 participou no campionato escolar local, que se celebrou na Casa da Xuventude durante o mes de marzo, acadando un bo resultado ao quedar subcampión nunha competición moi emocionante, pois tiveron que realizarse  encontros de desempate para a clasificación final.

CONCURSO DE RELATO SHAKESPEARIANO-CERVANTIVO

Co gallo da conmemoración neste 2016 do cuarto centenario do pasamento de Shakespeare e Cervantes o equipo da Biblioteca do  IES Número Un convoca un concurso de relato curto.

8 de Marzo. Día internacional da Muller

Durante estas semanas, e co gallo da conmemoración do día 8 de marzo, o equipo da Biblioteca preparou unha serie de actividades para que os titores/as e profesorado traballen na aula.

 

 

 

RIBEIRA, UN LUGAR MIL MUNDOS

Por terceiro ano consecutivo, celebramos Ribeira, un lugar mil mundos, co gallo do Día da Paz. Nesta ocasión, o alumnado de 1º ESO participou nun trivial, elaborado por eles, con preguntas sobre os países de procedencia do noso alumnado estranxeiro.

QUERES XOGAR AO XADREZ NOS RECREOS E NON ATOPAS UN LUGAR TRANQUILO?

A partir de hoxe podedes xogar ao xadrez nos recreos na aula 110. Disporemos varios taboleiros e fichas para que poidades xogar nun ambiente en silencio.

Pedídelle a Olga que vos abra a aula.

Se tedes calquera dúbida, falade con Trini.

COMEZO DO CLUB DE XADREZ

Esta semana comezamos unha nova edición do Club de Xadrez. Agradecemos a colaboración do profesor da Escola Municipal de Xadrez de Ribeira, Manuel Barros, nesta actividade coordinada polo profesor Ventoso.

XA TEMOS GAÑADORA DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA SAMAÍN 2015

Parabéns a SARA MARTÍNEZ de 1º ESO B, que resultou gañadora do noso concurso.

Recibe mención especial MANUEL NOVO de 1º Bach C pola calidade e orixinalidade da súa fotografía.

Grazas a todos os participantes.

Na seguinte presentación podedes ver todas as fotografías do concurso.

 

Distribuir contido


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

by Dr. Radut