Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

Animación á lectura

GAÑADORES DO II CONCURSO DE RELATO CURTO

Xa temos gañadores do noso concurso!

4ª XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA DE 1º ESO

Hoxe tocou poesía no Club. Compartimos os nosos versos favoritos e Neruda, Rosalía, Machado, Walt Whitman, Benedetti ou Bécquer apareceron na nosa biblio.

 

II CONCURSO DE RELATO CURTO

No seguinte enlace tedes as bases do CONCURSO DE RELATO CURTO. Os premios daranse no festival de Entroido do día 5 de xaneiro.

Animádevos a participar!!!

Se tedes algunha dúbida, consultade co profesorado de lingua castelá ou galega ou ben preguntade ao equipo da biblioteca.

CLUB DE LECTURA 4º ESO E BACHARELATO. AVISO DE CAMBIO DE DATA

Como, polas vacacións de nadal, imos un pouco atrasados na lectura, cambiamos a xuntanza para o día 19 de xaneiro. Recordade, o libro é Mal de pedra de Milena Agus.

 

Agardámosvos!!

COMEZAMOS O TALLER DE ESCRITA UN ANO MÁIS

Por segundo ano consecutivo o profesor Xabier López impartirá un Taller de escritura ao alumnado de bacharelato que queira participar.

Reuniránse unha vez á semana fóra do horario lectivo.

Grazas a Xabier pola súa colaboración co equipo da Biblioteca.

MAGOSTO LITERARIO NO IES Nº1

O EQUIPO DA BIBLIOTECA E O EDLG PREPARARON PARA ESTES DÍAS UNHA EXPOSICIÓN SOBRE O MAGOSTO QUE PODEDES VER NA BIBLIOTECA.

BENVIDO/A Á AVENTURA DO PASAPORTE LECTOR!!

Na Biblioteca atoparás os libros necesarios para planificar a túa viaxe. Unha vez lidos, poderás conseguir os selos que demostren que es a persoa máis lectora do teu curso. Deste xeito, gozarás dun estupendo agasallo!!
Boas lecturas e avante toda!!

OTELO e HAMLET

Nos seguintes adxuntos tedes acceso a estas obras, xa que, debido á gran demanda destes títulos nestes días, pode ser que non os atopedes na biblioteca en papel. Recordámosvos que tamén temos libros en formato dixital. Estas dúas obras son de acceso libre. Se non tedes libro electrónico, temos á vosa disposición 5 na biblioteca. Falade con algún membro do equipo da biblioteca para levalos prestados.

Na biblioteca tedes estes arquivos en formato epub.

POSTA EN MARCHA DA BIBLIOTECA

A biblioteca do IES Nº1 xa está en marcha. Estes días estamos dando a coñecer as normas e funcionamento a todo o alumnado novo no centro. Se tes algunha dúbida, fala con nós.

Bo curso e boas lecturas!!

COMEZA O CURSO NA BIBLIOTECA DO IES Nº1

Desde a Biblioteca do IES Nº1 dámosvos a benvida ao novo curso. Nuns días teredes a biblio á vosa disposición, unha vez rematados os traballos de organización propios do comezo de cada curso. Agradecemos a vosa paciencia.

Distribuir contido


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

by Dr. Radut