FOI UN MOMENTO INESQUECIBLE. ALI ESTABAN AS CRÓNICAS SOBRE AS QUE NÓS TRABALLARAMOS E AS ACUARELAS QUE O PINTOR BALDI REALIZARA NA VIAXE DE COSME III A SANTIAGO DE COMPOSTELA NO ANO 1669. TANTO ALUMNADO COMO PROFESORADO QUEDAMOS SEN PALABRAS Ó VER AS PAISAXES GALEGAS REPRESENTADAS NESE LIBRO DE GRAN FORMATO.
Así era a fachada da catedral de Santiago de Compostela no ano 1669 cando Cosme III de Medici visitou a cidade. Unha das torres estaba sen concluír. O Pórtico da Gloria daba directamente á praza. Posteriormente no século XVIII engadiríase a fachada barroca quedando o Pórtico da Gloria cuberto pola mesma.
Unha das actividades conxuntas a realizar entre os catro centros participantes é a creación dun xogo da oca relacionado con Cosme III de Medici e a súa viaxe de peregrinación dende Florencia ata Santiago de Compostela no ano 1669, que é o eixe vertebrador do noso Erasmus+ que titulamos "Unha Viaxe no termpo". "A journey through time" en inglés sería o título oficial do proxecto.