MATEMÁTICAS, ESAS DESCOÑECIDAS. SESIÓN 14: KATHERINE JOHNSON
Katherine Johnson formou parte dun grupo de mulleres que traballou para a NACA (posteriormente NASA) nos anos 50, realizando os cálculos e comprobacións que os enxeñeiros precisaban.
Pouco a pouco foi gañando o respecto dos seus colegas e, finalmente, converteuse nun referente na NASA.
Realizou os cálculos do Proxecto Mercury desenvolvido pola NASA entre 1961 e 1963. Calculou a traxectoria parabólica do voo espacial de Alan Shepard, o primeiro estadounidense que viaxou ao espazo a bordo do Mercury Redstore 3.
A súa vida, xunto coa de Dorothy Vaughan e Mary Jackson, nárrase na película Figuras ocultas.