Skip to Content

O LUNS 25 DE MAIO COMEZAN AS CLASES VOLUNTARIAS PARA 2º BAC

O luns 25 ábrese o centro para o inicio das clases voluntarias para o alumnado de 2º BAC. O inicio das clases para o alumnado de diúrno será ás 9:00h, cun horario e reparto de aulas adaptado ás novas circunstancias.  O horario de 2º BAC de adultos segue igual.

 

PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020/2021

Ábrese o prazo para solicitar a participación no fondo solidadrio de libros de texto (para 3º e 4º da ESO) e axudas para adquirir material escolar (para 1º, 2º, 3º e 4º da ESO). Nos enlaces adxuntos pódese atopar a información relativa á convocatoria para o curso 2020/2021 así como os anexos I e II.

 

Día das Letras Galegas

NOVOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Novos criterios de avaliación

Podes consultar aquí os anexos das programacións dos diferentes departamentos adaptados ás novas circunstancias.

 De xeito xeral neste documento atoparás:

APERTURA DO CENTRO

Dende o próximo luns día 11 de maio a secretaría do centro permanecerá aberta de 10:00 a 13:00 horas.

Ábrense os seguintes prazos:

- Prazo de presentación de solicitudes de admisión: do 11 ao 18 de maio, ambos incluídos.

- Prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo: ata o 26 de maio.

 

IMPORTANTE: CAMBIO DE MODELOS NOS EXAMES DAS ABAU

Debido ás circunstancias excepcionais polas que estamos pasando, as ABAU sofren cambios nos seus modelos de exames. Deixamos a ligazón para que o alumnado podades acceder a eles.

A Dirección

 

https://ciug.gal/gal/abau/modelos

ACCESO Á PLATAFORMA DE TELEFORMACIÓN DO IES SAN CLEMENTE

O IES San Clemente puxo a disposición de todos os centros de adultos o acceso aos contidos e demáis materias do que dispón para a ESA e o Bacharelato a distancia.

Unha vez falado co profesorado de adultos do noso IES, dedidiuse que sería unha boa idea poder acceder á plataforma como un complemento ó que @s vos@s profeso@s van colgando na súa aula virtual, etc.

NOTAS 1º BACHARELATO DE ADULTOS

Onte  fíxose a avaliación "virtual" de 1º de Bacharelato de Adultos, os que tedes ABALAR recibiredes as notas  por este medio.  Se non tedes Abalar podedes baixar a aplicación dende  Playstore; sempre que teñades dado de alta un teléfono no voso expediente poderedes darvos de alta.

Alumnado de 2º Bach. Adultos: “Encontros Virtuais” da USC

A pesar da situación na que todos nos encontramos, a Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) non quere deixar de acercarse ó estudantado de secundaria e está organizando os “Encontros Virtuais”  orientados á estudantes de secundaria e as súas familias e, por extensión, a toda a sociedade.

 

Os “Encontros Virtuais” da USC, terán lugar en pleno confinamento a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC.

 

Distribuir contido


Eventos

« Agosto 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31
by Dr. Radut