Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

SEMANA DE CASTELAO

O  30 de xaneiro conmemórase o aniversario de Castelao. Con este motivo, desde o EDLG organizamos algunhas actividades que se van desenvolver durante esta semana.

  • Colocamos un panel coa imaxe de Castelao que nos recibe estes días ao entrar no insitituto.
  • O luns o alumnado de 3° e 4° ESO asistirá á representación da obra de teatro A lingua na boca da compañía Limiar e que trata sobre Castelao.
  • O mércores visitaremos o colexio de Palmeira para contarlle ao alumnado historias de e sobre Castelao.
  • O xoves inauguramos o noso Parladoiro que pretendemos que sexa un lugar de xuntanza do alumnado do centro. Para a inauguración preparamos un photocall con Castelao como protagonista, ademais doutras sorpresas...

 



FSE

convivencia

Plambe

CUALE

page | by Dr. Radut