Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

GAÑADORES DA V EXPOSICIÓN E CONCURSO DE MEMES DE "COUSAS DA VIDA" DE CASTELAO

Despois de varios días de deliberacións do xurado, xa temos os memes gañadores da V EXPOSICIÓN DE MEMES DE "COUSAS DA VIDA" DE CASTELAO:

1. Na categoría de 1º e 2º da ESO, o meme gañador foi Un 4.999 no exame de matemáticas coa profe Maite. Consultado o envío, as súas autoras resultaron ser tres: ALICIA FERNÁNDEZ, SOFÍA PAZ e XIANA PAZOS de 1º ESO-B.

2. Na categoría 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato, o meme Negociando unha excursión particular. Consultado o envío, o seu autor resultou ser: CIBRÁN SANTIAGO de 4º ESO-A.

3. Na categoría de persoas adultas, o meme gañador foi Arreó! Como se nos pasou o tempo sacando a ESO. Consultado o envío, autora resultou ser: MARÍA VENTURA MARTÍNEZ do Módulo 4 da ESA.

4. Na categoría de profesorado, o meme gañador foi Non veu, a de mates non veu! Consultado o envío, a autora resultou ser: MAITE CASTRO, docente do departamento de Matemáticas.

PARABÉNS A TODAS E A SEGUIR PARTICIPANDO!

Ribeira, 21 de febreiro de 2024

EDLG IES NÚMERO 1 DE RIBEIRA

 

 

 



FSE

convivencia

Plambe

CUALE

story | by Dr. Radut