Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

CHARLA DE NOELIA MÍGUEZ CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe tivemos a fortuna de contar con Noelia Míguez (@noedorinda), que ofreceu unha impactante charla sobre violencia de xénero para todo o alumnado de 1º de bacharelato do noso centro.

Coautora do libro “Ocho señales: cuestión de vida o muerte”, o seu relato sitúanos a todos contra o espello e fainos reflexionar sobre a estrutura patriarcal da sociedade na que vivimos e as razóns da violencia exercida contra as mulleres polo mero feito de seren mulleres. Desde a experiencia persoal e cun discurso directo e sen rodeos, Noelia ensinoulle ao noso alumnado cales son os sinais dunha relación tóxica e como podemos escalar polo iceberg da violencia de xénero sen case sermos conscientes do que facemos e padecemos. O obxectivo era remover conciencias e cremos que se acadou.

Grazas de corazón polo teu traballo e pola forza vital e o optimismo que se perciben nesa túa vontade de axudar a erradicar esta gangrena social.

Foi unha actividade organizada desde o EDLG do centro, en colaboración co Equipo de Igualdade e a nosa biblioteca.

 

 



FSE

convivencia

Plambe

CUALE

story | by Dr. Radut