REDE DE CAPACITACIÓN DIXITAL
O noso centro forma parte da Rede de Capacitación Dixital do Ministerio de Educación e Formación Profesional, sendo financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU, dentro do Plan de Recuperación Tranformación e Resiliencia,
Para o ano 2024 está previsto impartir varios cursos de Capacitación Dixital para adultos, de forma presencial, na aula creada o ano pasado e nunha de nova creación. Estamos elaborando a programación deste 2024, que dará comezo o 8 de maio co primeiro curso de NIVEL BÁSICO e seguirá co curso de NIVEL INTEMEDIO a partires do 5 de xuño.
A seguir está o cartaz informativo. Para calqueira aclaración ou dúbida poden pórse en contacto co centro, ben por teléfono, ben por correo electrónico, ou presencialmente na oficina de secretaría.