Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

Novas

Novas

LETRAS GALEGAS 2017: CARLOS CASARES

Pincha na imaxe para acceder ao díptico:

VISITA DE ANTÓN RIVEIRO COELLO

Este luns, 15 de maio, como inicio da Semana das Letras recibimos no Club de lectura a visita do escritor Antón Riveiro Coello. Será no Parladoiro ás 17.40h.

XOGOS POPULARES

Este xoves trasladamos as actividades do Parladoiro ao patio cuberto, xa que o alumnado do EDLG  decidiu organizar unha xornada de xogos populares. A actividade resultou todo un éxito, con moitos participantes que decidiron pasar un recreo divertíndose cos xogos de toda a vida.

ACTIVIDADES NO PARLADOIRO

O xoves trasladamos as actividades do Parladoiro ao patio cuberto. Alí teremos preparados xogos populares para pasar un recreo divertido. Non faltedes!

ACTIVIDADES NO PARLADOIRO

Este xoves, 27 de abril, no Parladoiro teremos....KARAOKE!

Estades todos e todas invitados a vir cantar (ou escoitar os que canten). Temos preparadas cancións de todos os estilos e gustos musicais e, por suposto, en galego!

ACTIVIDADES NO PARLADOIRO

ACTIVIDADES NO PARLADOIRO

No recreo do xoves 20 no PARLADOIRO (aula 001) haberá unha DEGUSTACIÓN DE SOBREMESAS elaboradas polo alumnado do EDLG. A porta estará aberta durante o recreo para que todo o mundo poida probar as sobremesas e decidir co seu voto cal é a mellor.

#RosalíaTe

No IESN1 de Ribeira tamén celebramos o Día de Rosalía!

 

 

 

Contos por palabras

No club de lectura "Lecturas con Agustín" foi a quenda do alumnado de 1º e 2º da ESO. Nesta ocasión o libro seleccionado foi Contos por palabras. Despois de xantarmos todos xuntos na cafetería, subimos ao salón de actos e alí estivemos charlando, comentando e intercambiando impresións sobre o libro. Resultou unha xuntanza de moito proveito!

Inauguración do Parladoiro

Hoxe no recreo inauguramos o noso Parladoiro con dous protagonistas claros: Castelao e... a rosca!

Distribuir contido


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

by Dr. Radut