Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: CONTACONTOS NA EEI "DEÁN GRANDE"

Hoxe, 15 de maio, co gallo da Semana das Letras Galegas, seis alumnas colaboradoras do noso EDLG de 3º e 4º da ESO achegáronse até a Escola Infantil Deán Grande, veciña do noso centro e situada tamén ao pé do paseo da praia de Coroso, para contarlles uns contiños ás crianzas desa primeira etapa educativa de 3, 4 e 5 aniños.

n/d

RESUMO DE ACTIVIDADES FINAIS PARA 2º BACH

RESUMO DE ACTIVIDADES FINAIS PARA 2º BACH
 
Curso 2023-2024
 
Nos arquivos seguintes atópase información de interese e as actividades para o alumnado de 2º de bacharelato que terán lugar neste mes de maio:

Segunda sesión de traballo grupal dentro dos Polos Creativos

man convivencia

O mércores 8 de maio o profesorado que participa na formación dentro do programa de Polos Creativos reunímonos para trastear co plotter de corte. Traballamos con vinilo termoadhesivo e con vinilo textil. Aquí vos deixamos unha pequena parte do noso traballo, que consistiu na elaboración de material para a aula de convivencia.

 

CLUB DE LECTURA DO 21 DE FEBREIRO

Club de lectura

O pasado 21 de febreiro  contouse coa presenza dun dos noso poetas favoritos, Xabier López Marqués, que nos presentará a súa última obra, Os Luídos do Manancial. 

CLUB DE LECTURA DO 13 DE MAIO

Club de lectura

Gozando da contorna

Este Xoves, 9 de maio, o alumnado de 3º da ESO pasou unha fermosa xornada de convivencia descubrindo a nosa contorna e preparando as pernas para futuras aventuras.

DESMONTANDO OS PREXUIZOS E AS MENTIRAS SOBRE A LINGUA GALEGA

No día de hoxe, o alumnado de 2ºESO A e B tivo a ocasión de participar nun relatorio organizado polo EDLG do centro con Carlos García Vieito, politólogo, experto en redes sociais, membro da Mesa pola Normalización Lingüística e podcaster de éxito co programa “Exército Mekemeke”.

Visita ao taller ao Museo de Gravado de Artes

 

Mostra das estampas realizadas polo alumnado de Expresión artística de 4º ESO na visita - taller ao Museo de Gravado de Artes o 3 de abril.

ACREDITACIÓN DAS COMPETENCIAS DIXITAIS - ALUMNADO ADULTO

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional iniciou un procedemento para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de

Distribuir contido


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

by Dr. Radut