Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/2022

08/01/2021 16:08
Africa/Addis Ababa

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 11 de xaneiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (como en cursos anteriores) ou a través da aplicación  admisionalumnado no menú:


Solicitudes – Reserva – Crear


IMPORTANTE: Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, e sendo ésta a canle preferible de presentación.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.
  • A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Normativa de aplicación

  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

Pódese descargar a solicitude en galego ou castelá nos arquivos adxuntos.

 

Premio alumnado 2º ESO

11/12/2020 11:57
Africa/Addis Ababa

O alumnado do noso centro acaba gañar o primeiro premio da Voz de Galicia polo video Sangue da Natureza realizado baixo a dirección do profesor da materia de Lingua Galega o curso pasado, polo que todo o grupo esta convidado a un espectáculo cultural a visionar ao longo do presente curso escolar.

https://youtu.be/UM7c_53uyRs

CINEMA EN CURSO

01/12/2020 17:18
Africa/Addis Ababa

ACTIVIDADE DE CINEMA EN CURSO

 

Este curso, o grupo de 4º de ESO da optativa de Ed. Plástica e Visual, está participando no proxecto “Cinema en curso”, un proxecto de pedagoxía que busca achegar ao alumnado a arte cinematofgráfica e os valores que lle son inherentes.

Aprender a mirar a realidade con atención, a compartir decisións e explicar as propias eleccións, a traballar en equipo, a asumir tarefas e responsabilidades. Desenvólvese a creatividade e a sensibilidade cara a contorna próxima.

Ao longo do curso veremos e faremos cinema: despois de realizar Planos do mundo, nos que agora estamos experimentando, e diferentes prácticas creativas, os alumnos crearán de modo colectivo unha curtametraxe documental.

Outra das riquezas do proxecto é o intercambio entre os alumnos de diferentes centros, municipios e territorios.

Se a situación sanitaria o permite, atoparémonos ao final do curso no CGAI-Filmoteca de Galicia para presentar as curtametraxes realizadas.

A nosa cineasta chámase Jaione Camborda e tivemos con ela dúas sesións. Nesas sesións fixemos visionados de directores como Devos e Benning e tamén salimos a gravar “planos do mundo” na contorna do instituto.

Si tedes ganas ou curiosidade por ver o que facemos ou en coñecer o proxecto no que estamos mergullados invitámosvos a entrar na páxina web de Cinema en Curso e si vos apetece podedes engadir alí os vosos comentarios.

http://cinemaencurs.org/

 

 

A nosa presentación e as primeiras instantáneas que fixemos podedes velas nesta web entrando no “Diario dos obradoiros” ou seguindo estes enlaces:

 

http://cinemaencurs.org/gl/presentamonos-traves-dos-nosos-cadernos?

 

http://cinemaencurs.org/gl/fotografias-instantaneas-en-sada

 

Esperamos que vos guste!!

 

 

Deixámosvos con algunhas fotografías do “making of” das sesións realizadas.

Criterios e procedemento de distribución de máscaras

13/11/2020 15:51
Africa/Addis Ababa

Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

Non terá que presentar solicitude o alumnado  beneficiario da axuda para mercar material escolar no curso 2020/21

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG (data de publicación: 13 de novembro de 2020)

 

Entrega de libros de texto

18/09/2020 13:04
Africa/Addis Ababa

ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2020/21

Os vindeiros luns 21 e martes 22 de setembro debedes pasar polo centro a recoller os libros de texto no horario que se específica a continuación.

MOI IMPORTANTE: Debe recoller os libros de texto a persoa que os solicitou, no caso de que non poda asistir pode autorizar a outra persoa a recollelos no seu nome, para o que debe achegar unha autorización escrita e copia dos dnis das persoas afectadas ( solicitante e autorizado). Podedes descargar o modelo de autorización no anexo que atoparedes ao pe desta nova.

  • Luns 21 ás 17:00, 1º ESO
  • Luns 21 ás 18:30, 2º ESO
  • Martes 22 ás 17:00, 3º ESO
  • Martes 22 ás 18:30, 4º ESO

AVISO INICIO DE CURSO

11/09/2020 11:49
Africa/Addis Ababa

TODO O ALUMNADO DO CENTRO DEBERÁ TRAER OBRIGATORIAMENTE A DOCUMENTACIÓN COVID-19 O DÍA DA PRESENTACIÓN E ENTREGALA AO TITOR OU TITORA DO SEU GRUPO.

Protocolo Covid-19

PROTOCOLO COVID-19

O inicio do presente curso, trae novas importantes que modifican as costumes que viñamos practicando ata o momento. Son tempos novos que requiren de novas actuacións, todas encamiñadas a autoprotexernos, e poder desempeñar as tarefas de ensino-aprendizaxe da maneira máis eficaz que o momento permite.

Achegamos os distintos documentos que nos permiten coñecer as novas actuacións que as circunstancias obrigan. Ánimamosvos a una lectura atenta dos mesmos, e a actuar con empatía e responsabilidade.

  • Guia resumo para as familias e alumnos.
  • Modelo de declaración responsable para as familias, (débese entregar asinado no centro).
  • Equisa de autoavaliación clínica.
  • Plano de entradas e saídas do centro.
  • Protocolo Covid-19.

Para descargalos debes premer no adxunto correspondete que atoparás no pe desta nova.

COMEZO DE CURSO

31/08/2020 12:28
Africa/Addis Ababa

COMEZO DE CURSO 2020-2021

Estimadas familias, para poder comunicarvos toda a información relativa ao inicio do curso escolar, estamos á espera de que a Consellería publique a actualización do protocolo Covid, tras a reunión mantida o pasado xoves 27 de agosto entre o Ministerio de Educación e as Comunidades Autónomas.

 

CONSULTADE DE XEITO REGULAR ESTA PÁXINA WEB.

LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS

25/06/2020 08:35
Africa/Addis Ababa

LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS

Publicouse a lista definitiva de admitidos, obtendo praza tódolos solicitantes.

USUARIOS DE COMEDOR

COMEDOR ESCOLAR

No caso de que o próximo curso teñades pensado facer uso do servizo de comedor escolar, é preciso que xunto aos impresos de matrícula que tendes que entregar acheguedes o impreso de autodeclaración que se adxunta a esta nota.

Distribuir contido