CIRCULARES
Calendario fin de curso 2020-2021
Data | ||
23/06 |
A partir das 14 horas podedes consultar as cualificacións na aplicación abalar móbil. |
|
24/06 |
|
|
Para 1º e 2º de 9:30 a 11:30 | Para 3º e 4º de 11:30 a 13:30 | |
25/06 |
|
|
28/06 |
|
|
29/06 |
|
Nota: - Para todas as xestións é preciso pedir cita previa.
- A entrega de libros de texto debe facela a/o representante legal.
Entrega de libros de texto
ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2020/21
Os vindeiros luns 21 e martes 22 de setembro debedes pasar polo centro a recoller os libros de texto no horario que se específica a continuación.
MOI IMPORTANTE: Debe recoller os libros de texto a persoa que os solicitou, no caso de que non poda asistir pode autorizar a outra persoa a recollelos no seu nome, para o que debe achegar unha autorización escrita e copia dos dnis das persoas afectadas ( solicitante e autorizado). Podedes descargar o modelo de autorización no anexo que atoparedes ao pe desta nova.
- Luns 21 ás 17:00, 1º ESO
- Luns 21 ás 18:30, 2º ESO
- Martes 22 ás 17:00, 3º ESO
- Martes 22 ás 18:30, 4º ESO
COMEZO DE CURSO
COMEZO DE CURSO 2020-2021
Estimadas familias, para poder comunicarvos toda a información relativa ao inicio do curso escolar, estamos á espera de que a Consellería publique a actualización do protocolo Covid, tras a reunión mantida o pasado xoves 27 de agosto entre o Ministerio de Educación e as Comunidades Autónomas.
CONSULTADE DE XEITO REGULAR ESTA PÁXINA WEB.
LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS
LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS
Publicouse a lista definitiva de admitidos, obtendo praza tódolos solicitantes.
INSTRUCCIÓNS FIN DE CURSO
data | Notas e reclamacións | 1º e 2º ESO | 3º e 4º ESO | Alumnado nova incorporación |
22 de xuño |
A partir das 17:00 podedes consultar as notas na aplicación Abalar móbil. Para pedir aclaracións ou realizar reclamacións (días 23 e 25) e necesario pedir cita previa chamando ao colexio, Horario de atención de 9:00 a 14:00h |
|||
23 de Xuño |
Atención de aclaracións con cita previa (chamade ao centro) e presentación de reclamación no caso. |
1ºA de 9:30 a 11:00. 1ºB de 11:00 a 12:30 2ºA de 12:30 a 14:00.
|
||
25 de xuño | Atención de aclaracións con cita previa (chamade ao centro) e presentación de reclamación no caso. |
3ºA de 9:30 a 11:00. 3ºB de 11:00 a 12:30 4ºA de 12:30 a 14:00.
|
||
26 de xuño | SO ALUMNOS DE NOVO INGRESO |
|||
29 de xuño | Resolución de reclamacións |
REANUDACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 20/21
ÁBRESE O PRAZO DE ADMSIÓN PARA O ALUMNADO DE NOVO INGRESO.
Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes deadmisión de alumnado en centros docentes sostidos confondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou oestado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
Novos prazos do proceso:
●Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
●Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
●Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
●Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
●Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria: do 1 ao 10 xullo.
●Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.
O IES ESTARÁ ABERTO DE 10 A 13:00PARA PRESENTAR DOCUMENTACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN. NON SE PODE ACCEDER PARA OUTRO TRAMITE.
Aconséllase traer mascarilla, luvas e bolígrafo propio, así como gardar sempre a distancia de seguridade.
Podedes descargar o documento no adxunto que se achega.
peche instituto
AVISO IMPORTANTE sobre o peche do Instituto:
Lamentamos seriamente os inconvintes que o peche do Instituto vos poidan causar. Somos conscientes das dificultades que esta medida causan e intentamos palialas coas seguintes medidas:
AVALIACIÓNS
- Aprázanse as avaliacións previstas para o 16 e 17 de marzo.
PROCESO DE ADMISIÓN
Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.
Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes
COMUNICACIÓN CO CENTRO:
- O centro educativo permanecerá pechado nas datas indicadas pola Xunta de Galicia. Os temas administrativo atenderanse, en horario de 10:00h a 13:00h, telefónica ou telematicamente.
- Telf. IES O Mosteirón: 881 88 09 49; 639 64 27 12
- Correo electrónico: ies.mosteiron@edu.xunta.es
TRABALLO DOS ALUMNOS NA CASA.
Quedamos na casa pero seguimos coa nosa actividade cotiá e, para non interromper o proceso formativo e como un exercicio de responsabilidade, debemos asumir certas pautas:
-
Facer do estudo a actividade principal das mañás.
- Acceder á Aula Virtual do IES O Mosteirón: A actividade formativa do alumnado realizarase telematicamente a través da Aula Virtual do centro, activa a partir do luns 16 de marzo. O profesorado programará os contidos de estudo e as actividades das diferentes materias para que o alumnado as poida realizar no seu domicilio:
-
Entrar na Aula Virtual do IES O Mosteirón e acceder ao curso e materia correspondente.
-
Cada materia terá un cronograma semanal indicando as tarefas a realizar, segundo o horario do grupo.
-
O alumnado poderá manter comunicación co seu profesor/a a través da Aula Virtual.
Moito ánimo e saúde de parte do EQUIPO DOCENTE DO IES O MOSTEIRÓN.
Supresión de clases
Suspensión das actividades lectivas dende o vindeiro luns 16 de marzo
Estimadas familias: Seguindo as indicacións da Xunta de Galicia, dende o luns 16 de marzo, o centro educativo permanecerá pechado durante 14 días. Mañán venres, aplázanse os exames que estivesen programados e é decisión das familias que os seus fillos e fillas asistan ou non ao centro. Na medida na que teñamos máis información, iremos trasladándoa a través da aplicación abalar móbil e da páxina web do centro. Un saúdo. EQUIPO DIRECTIVO.
INSTRUCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO
INSTRUCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO
- Manten a distancia de seguridade, 1,5 metros, en todo o recinto escolar.
- Debes usar a máscara de proteción en todo momento.
- Consultar na porta de entrada a aula correspondente de cada proba que teñas que facer.
- Recorda realizar a hixiene de mans ao entrar no centro, ao entrar na aula e a saída da mesma. Atoparás dispensadores de hidroxel en todos os espazos.
- Circula sempre pola túa dereita, en escaleiras e corredores.
- Recorda que debes traer o teu propio material ( non esquezas a calculadora se a precisas). A mochila, a roupa de abrigo e o materíal debes colocalo na túa mesa e cadeira, non empregues nin colgadores nin taquillas.
- Se precisas ir ao aseo, deberás usar o da primeira planta. O seu aforo máximo permitido é de 2 persoas.
- Permanece no centro o tempo indispensable para realizar as probas. No caso de que teñas tempo libre entre distintas probas, deberás permanecer na cafetaría mantendo sempre a distancia de seguridade (1,5m).
- Ventás, portas, persianas e estores, interuptores e demáis material que non é persoal so o pode manipular o profesorado.
- As nais, pais ou titores non poden entrar o centro, deben esperar fora do recinto escolar.