O centro
Familias
![](/centros/iesmos/system/files/u55/logo-centros-graduados-er.png)
Iniciar sesión
ENTREGA DE NOTAS XUÑO
Anónimo — Mar, 2016-06-21 09:58
AS NOTAS ENTREGARANSE O LUNS 27 DE XUÑO ÁS 12:00 H.
NON HABERÁ SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR.
LEMBRADE DEVOLVER TÓDOLOS LIBROS NON ENTREGADOS DE FONDOLIBROS (2º E 4º ESO) E DE AXUDASLIBROS (1º E 3º ESO) QUE ESTÉN PENDENTES. LEMBRADE QUE PODEDES CONSULTAR CALES TENDES QUE DEVOLVER NO XUSTIFICANTE DA XUNTA ENTREGADO A PRINCIPIO DE CURSO POLO CENTRO OU NO XUSTIFICANTE DA LIBRERÍA.
SE QUEREDES PODEDES DOAR OS MERCADOS SEN AXUDA.
LISTAXES PROVISIONAIS DE SELECCIONADOS E SUPLENTES DAS AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2016.
Anónimo — Lun, 2016-06-06 14:21
NOTA INFORMATIVA DO 6 DE XUÑO
Publicación das listaxes provisionais de seleccionados/as e de suplentes das AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2016.
Unha vez rematado o prazo indicado na nota informativa do 16 de maio, de recepción da documentación requirida ás persoas solicitantes e de atención das reclamacións, publícanse as listaxes indicadas no artigo 14.3 da Orde de convocatoria.
Poden consultalas aquí.
GRADUACIÓN DE 2º DE BACHARELATO: PARABÉNS!!!!
Anónimo — Lun, 2016-05-30 18:28
O pasado xoves 26 de maio celebramos a graduación dos nosos cumpridos estudantes de 2º de Bacharelato, que despois dun curso moi duro tiveron o seu merecido acto de despedida. Profesores, familiares, amigos, pero sobre todo os alumnos e alumnas, tomaron protagonismo nun evento tan sinalado.
O entrega de diplomas, de mans dos seus profesores, celebrámola no Multiusos de Mos, lugar que xa dende hai uns anos o Concello cédenos para albergar a graduación. A segunda parte, a gastronómica, coma sempre, celebrouse no Ies.
O acto, ao que acudiron como invitados a alcaldesa Nidia Arévalo e máis a concelleira Julia Loureiro, estivo presidido pola directora do IES de Mos, Begoña Villalón. Nel interviron a titora de 2º Bach B, Susana Casal, que dirixiu unhas palabras ao conxunto dos estudantes e máis ás familias que lles acompañaban; a Anpa, representada por Óscar Mariño, que animou ao alumnado cara á nova etapa que comeza; e como non podía ser doutra maneira os propios estudantes: o alumnado de 1º de Bacharelato agasallou aos graduados con dúas cancións, dirixidas pola profesora Ana Vidal Tres alumnos de 2º de Bacharelato (Anxo Cabaleiro, Laura Lorenzo e Gema González) ademáis de participar acompañando ao coro, fixeron pola súa banda unha intervención musical. O alumnado interveu lembrando momentos importantes da súa traxectoria no IES, que quedou retratada na presentación do profesor Julio Banga, na que apreciamos a evolución desta xeración ao longo dos seis anos que estiveron connosco.
Noraboa a todos eles e moito ánimo na preparación da selectividade… Xa queda menos!!!!
Tendes unha foto a continuación e máis nos adxuntos...aínda que non están todos os que son...
GRÁFICAS DE POBOACIÓN DE MOS. O ALUMNADO DO IES ANALIZA A SÚA CONTORNA
Anónimo — Mér, 2016-05-25 16:51
Adxuntamos un interesante traballo levado a cabo na materia de Xeografía por dúas alumnas de 2º de Bacharelato. Esta práctica é un estudo da poboación do municipio de Mos. O traballo permitiu analizar a contorna a través das ferramentas de estudo da xeografía humana.
Esperamos que vos guste.
ROTEIRO ROSALIANO: O IES DE MOS ACHÉGASE A ROSALÍA DE CASTRO
Anónimo — Lun, 2016-05-23 22:52
Os nosos alumnos visitaron hai uns días as terras de Rosalía de Castro, achegándose a súa figura a través da paisaxe que ela habitou.
O IES DE MOS VISITA O ROTEIRO ROSALIANO
Un saúdo
O CORRELINGUA 2016...TAMÉN NO IES DE MOS
Anónimo — Lun, 2016-05-23 22:44
Se queredes ver unha pequena participación do Ies de Mos no Correlingua 2016... premede no enlace!!!!
Un saúdo
CONVOCATORIA FONDO LIBROS, AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
Anónimo — Xov, 2016-05-19 17:49
No DOG do 16 de maio publicouse a orde que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convócanse axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.
- A participación no Fondo de libros está destinada ao alumnado matriculado en 1º e 3º de ESO no curso 2016-17
- As axudas para adquirir libros de texto van dirixidas ao alumnado matriculado en 2º e 4º de ESO no curso 2016-17
- As axudas para material escolar van dirixidas a todo o alumnado de ESO.
No adxunto poden consultar as instrucións para cubrir o formulario.
LISTAXES DAS SOLICITUDES CORRESPONDENTES ÁS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2016
Anónimo — Mér, 2016-05-18 13:12
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o 28 de marzo a Orde do 14 de marzo de 2016 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.
Comunícase que o día 16/05/2016 publicáronse as listaxes correspondentes ao indicado no artigo 14.1 da Orde de convocatoria:
- - Solicitudes coa documentación correcta.
- - Solicitudes que precisan da emenda dalgún aspecto.
- - Solicitudes excluídas, indicando as causas de exclusión:
- a. Solicitudes fóra de prazo.
- b. Solicitudes excluídas por non cumprir algún dos requisitos establecidos no artigo 3 da Orde de convocatoria.
LISTADO DEFINITIVO DE BECADOS POLO MINISTERIO
Anónimo — Mér, 2016-05-11 11:49
Por indicación da Subdirección Xeral de becas do Ministerio informamos do seguinte a efectos de difusión aos interesados:
Onte publicáronse na páxina web do Ministerio os listados definitivos de becarios da convocatoria xeral do actual curso 2015/16. Pódese acceder dende o seguinte enlace: http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/bachillerato/becas-generales-no-universitarias.html
Por conseguinte, o prazo para a presentación de recurso de reposición por parte dos alumnos comeza o 10 de maio e finaliza o 9 de xunio de 2016.
No obstante, como en anos anteriores, enviamos os listados de beneficiarios por centros educativos aos efectos que estimedes oportunos. A publicación destes listados pola vosa parte (que este año é voluntaria) non modificará en ningún caso o prazo para a presentación de recursos, que é o que os indicamos no parágrafo anterior.
Un saúdo
CONVOCADOS OS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO CURSO 2015/2016
Anónimo — Mér, 2016-04-27 13:06
Xúntase a Orde do 11 de abril de 2016 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2015/16.
- O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día 3 de maio de 2016.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- seguinte ›
- última »
![IES de Mos RSS Distribuir contido](/centros/iesmos/misc/feed.png)