Skip to Content

Dinamización

ROTEIRO ROSALIANO: O IES DE MOS ACHÉGASE A ROSALÍA DE CASTRO

Os nosos alumnos visitaron hai uns días as terras de Rosalía de Castro, achegándose a súa figura a través da paisaxe que ela habitou.

O IES DE MOS VISITA O ROTEIRO ROSALIANO

Un saúdo 

O CORRELINGUA 2016...TAMÉN NO IES DE MOS

Se queredes ver unha pequena participación do Ies de Mos no Correlingua 2016... premede no enlace!!!!

IES MOS NO CORRELINGUA 2016

Un saúdo

 

Actividades de Dinamización

PLAN LÍA: CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS:
ENSEADA DE SAN SIMÓN

Neste proxecto colaboramos tres profesores que impartimos clase no grupo de PDC de 4º de ESO, tal e como se indica na memoria, e sempre en colaboración coa Biblioteca do centro.

No ámbito científico-tecnolóxicotraballouse unha serie de unidades didácticas vinculadas co proxecto. Estas unidades desenvólvense seguindo a metodoloxía que nos definía: apuntes, exercicios e todo isto apoiándose nas seguintes presentacións:

Ecoloxía

Minerais, rochas e xeomorfoloxía. Nesta unidade fixemos unha Práctica de identificación de rochas.

Procesos xeolóxicos internos.

Xeomorfoloxía, que se acompañou dun cadro Esquema de xeomorfoloxía.

Cando comenzou o segundo trimestre propónselle un Traballo bibliográfico que entregaron ao finalizar dito periodo.

Unha vez traballada a teoria levamos a cabo a saída á praia que foi preparada cunha presentación "O noso día de praia" e entregouselles o guión de traballo que desenvolveou na praia: Visita a un ecosistema.

Unha vez desenvolvida esta parte puxemos en práctica a parte común na que estivamos os dous profesores de ámbito traballando alternativamente:

Ensenada

Ensenada - Historia

Illa de San Simón

Ao mesmo tempo, no ámbito socio-lingüistico e en inglés desenvolveuse tarefas e contidos relacionados co noso tema.

Posteriormente adicamos sesións nos ámbitos e en inglés á redacción do Caderno Illa de San Simón.

Cando rematou o curso fixemos a Avaliación de alumnos e a nosa avaliación do proxecto tal e como se menciona na memoria.

Distribuir contido


by Dr. Radut