Skip to Content

Dinamización

GAÑADORAS DO CONCURSO DE MARCAPÁXINAS. LETRAS GALEGAS 2024. LUISA VILLALTA

O xurado do IES Miraflores constituído polas profesoras Ana Sogo, Begoña Bugía, Vanessa Lesta e Graciela Grande, fallou en favor das  alumnas de 1º bacharelato do IES Miraflores:
 

1º PREMIO. ALBA DINA AMAKRANE FERNÁNDEZ

2º PREMIO. LOLA FÍRVIDA GONZÁLEZ

3º PREMIO MARIA RENÉ AGNE AQUINO

Parabéns!!!!!!!

 

Falando con Zenzar

Zënzar é unha banda de punk rock galega procedente de Meirama  e formada durante o outono do ano 1987.


Son a banda con máis anos de actividade en Galiza facendo rock en galego, polo que son alcumados a miúdo como "os padriños do rock galego".

O vocalista do grupo é o polifacético Xosé Bocixa  que estivo no noso centro acompañado de Paco Cerdeira 'Pacolas' e da ilustradora Laura Romero.

O alumnado de 2º ESO desfrutou o pasado 21 de marzo no salón de actos do instituto, non só das súas cancións senón tamén das súas experiencias ao longo da súa dilatada traxectoria.

A actividade estaba organizada polo Equipo de Dinamización do IES Miraflores e o Concello de Oleiros.

Tinta de calamar

Co gallo da celebración do día das letras galegas os grupos de 2º e 4º da ESO acudiron a biblioteca Rialeda para ter unha parolada con Ramiro Neira, marabilloso comunicador que falou de Luísa Villalta poeta, pero tamén violinista, ensaísta, dramaturga e, sobre todo, mestra.

 

Coa figura de Luísa docente, quixo Ramiro reflexionar con eles sobre a importancia de ler e de aprender a entender o que lemos, reflexionou sobre a posibilidade de que a educación implique compartir, pero chamoulles ademais a atención sobre o feito de  que non se pode compartir se non partimos dun respecto polos noso iguais e polos nosos docentes.

 

Espectáculo poético

O alumnado de 4ºESO participou os días 9 (4ºESO B e C) e 3 de marzo (4ºESO A) no espectáculo poético realizado pola poetisa Yolanda Castaño, quen recitou algunhas das súas composicións, reproduciu varios dos seus videopoemas e comentou a súa experiencia de vivir da escrita en galego.

I Concurso de vídeo: IES Miraflores. Polo bo trato

Convócase o I Concurso de vídeo: IES Miraflores. Polo bo trato en conmemoración do día internacional da eliminación da violencia contra a muller.

O prazo de presentacións de traballo abrangue dende o propio día 25 de novembro ate o 8 de decembro.

Os traballos deberán subirse ao OneDrive do IES Miraflores, e entregar en vicedireccción un sobre coas autorizacións asinadas.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut