VISITA CASA DAS CIENCIAS (A CORUÑA)
O día 7 de febreiro os alumnos de “Cultura científica” de 4º ESO realizaron unha visita á Casa das Ciencias (A Coruña) onde observaron un péndulo de Foucalt e interpretaron o seu funcionamento, visitaron a exposición “Astronomía como cha contan” e participaron nunha sesión no planetario correspondente ao ceo da noite do 7 de febreiro na que aprenderon a identificar constelacións observables con facilidade no ceo do hemisferio norte, estrelas máis visibles a simple vista e como localizar algúns planetas durante as noites de febreiro; e tamén foi proxectado un documental sobre a materia escura na cúpula do planetario.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
DSC01271.jpg | 1.42 MB |