Skip to Content

Roteiro Cabo Ortegal

O pasado venres 30 de xaneiro, un grupo de 27 alumnos/as de bacharelato realizou un roteiro xeolóxico por Cabo Ortegal organizado polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía e guiado polo doutor e divulgador en Xeoloxía Francisco Canosa Martínez.

Se ben é certo que as saídas ao campo sempre teñen máis alicientes que as clases teóricas, o roteiro deste ano supuxo un disfrute adicional, ao levar tanto tempo sen este tipo de actividades por mor da pandemia.

Aparte de aprender Xeoloxía visitando formacións rochosas de granulitas, peridotitas, ecloxitas, etc., e entender os procesos polos que hoxe en día atopamos estas rarezas na superficie terrestre (propias de profundidades de máis de 70 quilómetros), gozamos dunha xornada de lecer aprendendo a valorar este patrimonio natural que na actualidade é candidato a Xeoparque Mundial da UNESCO.Cabo Ortegal

 

 



blog | by Dr. Radut