SOLICITUDE DE ADMISION PARA O CURSO 2018/2019
O alumnado de centros non adscritos interesado en cursar estudos neste centro deberá agardar ao período do 1 ao 20 de marzo de 2018 para formalizar a súa solicitude, xa neste centro. En ningún caso este alumnado deberá formalizar no período anterior a súa solicitude no seu centro adscrito xa que incurriría nunha duplicidade e a súa solicitude quedaría excluída en ambos os dous centros (o adscrito e o de nova solicitude).
As solicitudes de admisión presentaranse:
- mediante o formulario normalizado a través da aplicación: admisionalumnado
- no centro docente indicado como primeira opción e, ademais, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado.