Skip to Content

ELEFANTES E CUBOS SOMA

Durante o primeiro trimestre do curso, o alumnado de 2º da ESO, tivo o primeiro  contacto co taller de Tecnoloxía, fabricando cubos soma de madeira e elefantes de metal.

Ademais de poñer en práctica algúns dos contidos que adquiriron nos primeiros temas do curso, coma o nome das ferramentas, tamén aprenderon:

- a organización do traballo no taller

- a realizar algunhas das operacións básicas de traballo con estes materiais: cortar, serrar, limar, lixar, etc..

- a empregar os EPIs (Equipos de Protección Individual) cando é necesario

- e tamén a pensar, ter paciencia e traballar sen presa para que as cousas salgan o mellor posible.

Fai clic aquí para ver o resultado do seu traballo.

O seguinte proxecto... vai ir sobre rodas ;-)



page | by Dr. Radut