Skip to Content

ANUNCIO DE APERTURA DE PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DO BAREMO (DO 21 MARZO AO 5 ABRIL)

- DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

- Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o desenvolvemento do proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2024-2025.

- Resolución do 27 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai público o resultado do sorteo ao que fai referencia o artigo 34 da orde do 21 de outubro de 2022.

 

Dada a insuficiencia de postos escolares dispoñibles para atender todas as solicitudes de admisión presentadas en 1º e 2º da ESO para o curso 2024/2025 e de conformidade co disposto no artigo 30.2 da Orde de 21 de outubro de 2022, ábrese un prazo de 10 días hábiles para a presentación, de forma presencial, da documentación xustificativa dos criterios de baremo alegados para realizar a valoración e establecer a orde de prelación das solicitudes que se relacionan. Así mesmo, está publicado no taboleiro do centro o número aleatorio que lle corresponde a cada solicitude para poder aplicar, de ser o caso, o criterio de desempate regulado no artigo 34.2 da devandita Orde.

DEBE PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN DO 21 DE MARZO AO 5 DE ABRIL DE 9:00 A 14:00 NA SECRETARÍA DO CENTRO O ALUMNADO QUE SOLICITA ADMISIÓN NOS SEGUINTES CURSOS:

1º DA ESO

2º DA ESO

NON DEBE PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN O ALUMNADO QUE SOLICITA ADMISIÓN NOS SEGUINTES CURSOS:

3º DA ESO

4º DA ESO

1º BACHARELATO

2º BACHARELATO

Esta documentación complementaria presentarase presencialmente no centro docente para realizar a súa valoración e establecer unha orde de prelación. As persoas solicitantes responsabilizaranse da súa veracidade e os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación e reflectir a situación familiar na data de inicio do prazo de presentación de solicitudes, agás a situación económica, que será do exercicio fiscal anterior en 2 anos ao ano natural da solicitude.

A presentación desta documentación ten carácter voluntario. A falta de presentación en prazo da documentación requirida impedirá ter por acreditado o criterio ou criterios afectados, e en consecuencia, impedirá valoralos para efectos de determinar a puntuación.

O consello escolar dos centros docentes públicos e a titularidade dos centros privados concertados poderán requirir, de forma motivada, a documentación complementaria que estimen necesaria para acreditar as situacións e circunstancias alegadas, concedendo un prazo de 5 días hábiles para á súa presentación.

 

DATA DE PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO: 25 DE ABRIL DE 2024

As familias poderán consultar as listaxes presencialmente no taboleiro de anuncios ou por vía electrónica a través da aplicación informática admisionalumnado, sendo necesario para consultalas o certificado dixital ou Chave365.

Poderase formular reclamación, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o Consello escolar. Estas reclamacións entenderanse estimadas ou desestimadas coa publicación da listaxe definitiva.

DATA DE PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO: 15 DE MAIO DE 2024

As persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. A resolución da persoa titular da xefatura territorial porá fin á vía administrativa e contra esta cabe interpor recurso potestativo de reposición ou recurso contencioso-administrativo.



blog | by Dr. Radut