Skip to Content

PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO DE NOVO INGRESO NON PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS – CURSO 2024/2025

1.- NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO

-DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

-Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

-Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o desenvolvemento do proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2024-2025.

-Resolución do 27 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai público o resultado do sorteo ao que fai referencia o artigo 34 da orde do 21 de outubro de 2022.

 

2.- POSTOS ESCOLARES OFERTADOS POR NIVEL E ETAPA PARA ALUMNADO DE NOVO INGRESO NON PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS

CURSO

PRAZAS OFERTADAS

1º ESO

11 + 4 RESERVA ALUMNADO NEAE

2º ESO

0

3º ESO

4

4º ESO

12

1º BACHARELATO CIENCIAS E TECNOLOXÍA

20

1º BACHARELATO HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

9

2º BACHARELATO CIENCIAS E TECNOLOXÍA

6

2º BACHARELATO HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

3

 

3.- PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN (ED550B).

Comprende do 1 ao 20 de marzo de 2024 (ambos incluídos).

As solicitudes de admisión (Anexo II e anexo II-bis) deben estar debidamente cubertas e asinadas por ambos proxenitores, excepto nos casos de violencia de xénero ou naqueles onde un dos proxenitores foi privado/a da patria potestade.

Ademais, coa solicitude de admisión, o/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar a seguinte documentación:

-Copia do DNI do/a alumno/a e dos seus proxenitores.

-Certificación académica do curso no que está actualmente matriculado/a o/a alumno/a solicitante.

INFORMACIÓN A TER EN CONTA

-A solicitude será única, terá carácter vinculante e a súa presentación implicará que son certos os datos indicados nela.

-Poderase presentar de forma presencial no centro docente indicado en primeiro lugar, en horario de 9:00 a 14:00,  ou preferiblemente por vía electrónica mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

-Na solicitude de admisión, poderase pedir hasta seis (6) centros por orde de preferencia e alegará os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Dita solicitude dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.

-Logo de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior poderá ser causa de perda de dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro.

-A admisión e a matriculación nun centro docente implica respectar o seu Proxecto educativo.

-Na aplicación admisionalumnado poderán consultar:

a) O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.

b) A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións.

c) A relación do alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación no momento da súa gravación.

d) O estado de tramitación da súa solicitude utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

e) A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 

4.- PRAZO DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMO ALEGADOS

Cando os postos dispoñibles en admisión no centro indicado en primeiro lugar non sexan suficientes para atender todas as solicitudes, o citado centro docente abrirá un prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao do remate do prazo para presentar as solicitudes  (do 21 de marzo ao 5 de abril ambos incluídos), para que as persoas interesadas presenten de forma presencial nel a documentación xustificativa dos criterios de baremo alegados, para realizar a súa valoración e establecer unha orde de prelación.

Esta documentación complementaria presentarase presencialmente no centro docente. As persoas solicitantes responsabilizaranse da súa veracidade e os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación e reflectir a situación familiar na data de inicio do prazo de presentación de solicitudes, agás a situación económica, que será do exercicio fiscal anterior en 2 anos ao ano natural da solicitude.

 

5.- CALENDARIO

DATA DE PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO: 25 DE ABRIL DE 2024

As familias poderán consultar as listaxes presencialmente no taboleiro de anuncios ou por vía electrónica a través da aplicación informática admisionalumnado, sendo necesario para consultalas o certificado dixital ou Chave365.

Poderase formular reclamación, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o Consello escolar. Estas reclamacións entenderanse estimadas ou desestimadas coa publicación da listaxe definitiva.

 

DATA DE PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO: 15 DE MAIO DE 2024

As persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. A resolución da persoa titular da xefatura territorial porá fin á vía administrativa e contra esta cabe interpor recurso potestativo de reposición ou recurso contencioso-administrativo.

 

PRAZO PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA NA ESO E BACHARELATO: DO 23 DE XUÑO AO 7 DE XULLO DE 2024 (no mes de xuño indicarase na nosa web o día exacto para formalizar a matrícula por cursos).

 

6.- ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES

https://www.oleiros.org/documents/39407/58962a14-eb58-7dd9-44ac-92c6ed33d5b9

 

7.- SERVIZOS COMPLEMENTARIOS E NORMATIVA QUE OS REGULA

TRANSPORTE ESCOLAR

-Decreto 203/1986, do 12 de xuño, polo que se regulan provisionalmente determinados aspectos do Transporte Escolar (DOG 09/07/1986)

-Decreto 160/1988, do 9 de xuño, polo que se regula a prestación de servicios de transporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.

-Orde do 29 de xullo de 1988 pola que se establece a sinalización que deberán levar os autobuses que realizan transporte escolar nos centros de ensinanzas de titularidade pública.

-Orde do 15 de decembro de 1989 reguladora do transporte escolar e obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia (DOG 09/01/1990).

-Lei 5/2009, do 26 de novembro, de medidas urxentes para a modernización do sector de transporte público de Galicia.

 

COMEDOR ESCOLAR.

A ANPA Miguel Hernández, ofrece o servizo de comedor, seguindo o Decreto 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos, na modalidade establecida no artigo 2, punto 1 apartado e “Xestión do comedor escolar por entidades privadas sen ánimo de lucro, responsables da contratación e xestión integral do servizo, autorizadas para o efecto pola Consellería competente en materia de educación, coas que esta, no seu caso, poderá establecer fórmulas de colaboración mutua.”

O servizo de comedor, que ofrece a cantina e que conta con cociña propia, é xestionado pola ANPA tras a autorización por parte do Delegado Provincial da Consellería de Educación no ano 2001.

O servizo funciona de luns a venres, de setembro a xuño en horario de 14:10h a 15h.

Os luns hai vixilancia ata as 16:20. Os martes, mércores, xoves e venres o servizo de vixilancia remata ás 15h e non hai servizo de autobús escolar.



blog | by Dr. Radut