Skip to Content

PROBAS DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO CURSO 2023-2024

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de publicar a RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE CENTROS BENEFICIARIOS DAS AXUDAS A CENTROS PÚBLICOS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES PARA A REALIZACIÓN DE PROBAS DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN LINGUAS ESTRANXEIRAS PARA O ALUMNADO QUE CURSE ESTUDOS DURANTE O CURSO 2023/2024, na que se asignan 2.400€ ao IES Miraflores para a realización das probas do alumnado de 2º de bacharelato.

A Resolución do 29 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula a xestión de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso 2023/2024, no artigo cuarto, Organización e xestión das probas, apartado 7, recolle: “Se a dotación económica outorgada ao centro beneficiario na resolución definitiva resultase insuficiente para cubrir todas as demandas do alumnado interesado os centros educativos deberán establecer os criterios de selección do alumnado aspirante ás probas que consideren máis oportunos. Estes criterios, dos que se informará ao claustro e que se aprobarán no consello escolar, serán transparentes, públicos e obxectivos”.

Sendo a dotación económica outorgada ao centro na resolución definitiva insuficiente para cubrir todas as demandas do alumnado interesado de 2º de bacharelato, informado o Claustro o 30 de outubro de 2023 e aprobado polo Consello Escolar na mesma data, o criterio de selección do alumnado aspirante ás probas será o seguinte:

Alumnado con maior cualificación final na materia de Lingua estranxeira: Inglés/Francés no curso 2022/2023 segundo a opción escollida na súa solicitude.

Alumnado con maior cualificación final na materia de Lingua estranxeira: Inglés/Francés no curso 2021/2022 segundo a opción escollida na súa solicitude.

Alumnado con maior cualificación final na materia de Lingua estranxeira: Inglés/Francés no curso 2020/2021 segundo a opción escollida na súa solicitude.

Alumnado con maior cualificación final na materia de Lingua estranxeira: Inglés/Francés no curso 2019/2020 segundo a opción escollida na súa solicitude.

Alumnado con maior cualificación final na materia de Lingua estranxeira: Inglés/Francés no curso 2018/2019 segundo a opción escollida na súa solicitude.

No caso de alumnado que realizase estudos no estranxeiro, tomarase para ese ano como referencia as cualificacións finais do curso inmediatamente anterior a ese.

A selección realizarase en acto público o luns, 29 de xaneiro de 2024, ás 10:10, no salón de actos do centro, levantarase acta da mesma e custodiarase no centro educativo.



blog | by Dr. Radut