Skip to Content

CONCURSO DE EPITAFIOS.SAMAÍN 2022

CONCURSO DE EPITAFIOS IES MIRAFLORES

 

 

Se hai que morrer, morremos, pero morrer por morrer...”

Un epitafio é unha inscrición sobre unha tumba que se pon en memoria da persoa morta.

O termo provén do grego e significa sobre ἐπιτάφιος (epitaphius) formada de ἐπί (epi = sobre) y τάφος (taphos = tumba).

Polo xeral,este tipo de inscricións son reflexións sobre a propia vida, a filosofía da morte ou sobre a existencia en si da mesma. Ao final, trátase de escribires o que che gustaría que puxesen de ti na túa sepultura...

Eu se teño que pensar en calquera de vós, poñería: Aquí xace alguén que non entrou na Aula Virtual ata o mes de maio... ha,ha, ha...

Como vedes poden ser tamén algo retranqueiras, como somos os galegos e galegas.

OLLO , SEMPRE DENDE O RESPECTO!!!!

Déixovos aquí as bases do concurso.

  1. Poderá participar todo o alumnado do centro.

  2. O prazo remata o 28 de outubro.

  3. Deberá estar escrito en galego.

  4. O formato será o do tamaño dunha postal estándar A6. É dicir, duns 105x148mm. Presentarase nunha cartolina negra e escrito o epitafio en gris , branco ou prateado.

  5. Pola parte de atrás deberá levar o nome, apelidos e curso.

  6. Unha vez que estea colocada a Lápida no 1º andar ao lado da Biblioteca, poderedes ir pegándoos soamente pola parte de arriba para poder ver o autor/a do mesmo na parte de atrás.

  7. Os epitafios serán manuscritos.

  8. O xurado estará composto polos membros do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Miraflores.

  9. O fallo do xurado será o día de San Martiño,11 de novembro, data na que se fará entrega dos agasallos aos tres finalistas.

  10. Premiarase a orixinalidade e o uso da lingua galega.

 

Animádevos a participar e escribir o epitafio co que vos gustaría ser lembrados!!!!!



story | by Dr. Radut