Skip to Content

Falando con Xoana

 

FALANDO CON XOANA

O mércores 6 de abril o alumnado de 3º e 4ºESO do IES Miraflores puido disfrutar no Salón de Actos do centro, da fermosa voz de Xoana.

A cantante porriñesa  intrepretou  algúns dos temas do seu disco Dardos  no que busca traballar «a prol da lingua galega», pero tamén tratar temas reivindicativos «en estilos que normalmente non se desenvolven en galego». Pop, rock, jazz, funky e reggae mestúranse nas  súas cancións  Uns traballos nos que  aborda  tamén as mulleres vítimas da violencia de xénero ou as persoas que teñen que marchar en busca dun fogar.

Estivo en todo momento acompañada  do seu  profesor José Portela que foi o que a animou a adicarse á música.

 

Xoana está a piques de sacar o seu segundo disco...que será de novo un éxito garantizado…

 

https://youtu.be/9t7AoqVxRvo



story | by Dr. Radut