Skip to Content

Dinamización lingüística

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS.LETRAS GALEGAS2023

 

 

 

 

O Equipo de Dinamizacón da Lingua Galega do IES Miraflores convoca VI Concurso de Marcapáxinas das Letras Galegas 2023. FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO.

O tema deste ano é a figura de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas

1. Participantes

Pode participar no  concurso todo o alumnado do centro.

2. Formato

O marcapáxinas realizarase nun rectángulo aproximado  de 21cm x 5cm. Debe ser cartulina sen motivos en relevo . A técnica será manual e libre e efectuarase  por unha soa cara.

Deberá recoller o texto: DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023.FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO.

3. Presentación de traballos

O marcapáxinas terá que recoller o nome do alumno/a e o curso.

4. Prazo e lugar de presentación

Os marcapáxinas serán recollidos polo profesorado de Lingua Galega que imparta clase en cada curso e a data límite de entrega será o xoves 11 de maio.

5. Xurado

O Xurado estará composto por algún membro do Equipo directivo, a coordinadora do Equipo de Dinamización, un docente do centro e alumnado que pertence ao Equipo de Dinamización.

6. Criterios para a concesión do premio

A calidade e a orixinalidade dos traballos serán os criterios nos que se baseará o xurado para a resolución dos premios.

1º Premio. Agasallo e impresión do marcapáxinas para facer entrega ao resto do alumnado e profesorado

2º Premio. Agasallo

3º Premio, Agasallo

7. Entrega de premios

A entrega de premios  realizarase a mañán do venres 19 de maio na Biblioteca do IES Miraflores.

 

 

 

 

 

 

 

ANDREA MACEIRAS

O martes 18 de abril a escritora  Andrea Maceiras, estivo unha vez máis no noso centro. Esta vez para falar do seu libro Que me pare o corazón se te esquezo, publicado por Xerais.

O alumnado de 2º ESO puido facerlle preguntas sobre esta novela na que a protagonista Blue Shiva é a deusa das redes sociais. Na súa popular canle aparecen os retos virais máis arriscados. Pero tamén é unha deusa fráxil. A noite en que decide camiñar polo bordo dun edificio de dez andares, só desexa que a chuvia deteña a súa ousadía. Porén, Nordestal é unha cidade ventosa, e Blue Shiva precipítase ao seu propio abismo.Axiña as redes sociais difunden a nova da súa morte. Do outro lado da pantalla, Ada, que non pode crer que Blue Shiva xa non exista, pídelle axuda á súa irmá xemelga, Lúa, e convértea en cómplice involuntaria. Pola súa banda, Gabriel regresa a Nordestal guiado polos latexos do seu corazón.Narrada a dúas voces, Que me pare o corazón se te esquezo é unha historia sobre ese mar que nos axita por dentro e sobre aquel que se abre alén das nosas pantallas, tinguido pola peor sombra e, ao tempo, capaz da maior luz.

Contar con Andrea é sempre unha marabillosa experiencia.

A actividade estivo organizada polo Departamento de Dinamización Lingüística do IES Miraflores.

FALANDO A BOCA CHEA

O alumnado de 2º ESO desfrutou esta semana dunha sesión de contacontos da man de María Pontragha.

María da Pontragha é o alcume de María Iglesias, unha educadora e antropóloga que dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral, tanto a través da música coma da palabra en si. No 2009 comezou a súa andaina no mundo da narración centrándose na recuperación e actualización das historias populares e de tradición oral e cun gusto especial polas historias que se centran nas mulleres do país. É ademais percusionista e vocalista nos grupos Bouba e Lévedo, e vocalista no grupo Sacha na horta.

Os nosos rapaces e rapazas riron, cantaron e pudieron achegarse á tradición oral que tan arraigada temos en Galicia.

 

A actividade estivo organizada polo Departamento de Dinamización Lingüística do IES Miraflores en colaboración co Concello de Oleiros.

 

 

 

MENÚ MES DE DE ABRIL

CONCERTO DA CANTAUTORA M.J PÉREZ

O pasado 31 de marzo o alumnado de 2º BACH  do IES Miraflores puido desfrutar da actuación  de MJ Pérez, unha cantautora galega que bebe de diferentes estilos, co predominio do rock-pop nos seus primeiros álbums e cun xiro cara sons máis latinos e música de raíz no seu último disco. Suma case 200 concertos por toda Galicia e parte de Portugal.O seu traballo discográfico esta formado por 4 álbums, varios singles e diferentes colaboracións

“Casandra” é o terceiro álbum de MJ Pérez (primeiro de estudio) que ve a luz no ano 2017. Foi presentado en Arzúa o 30 de setembro dese mesmo ano.

Trátase dun traballo auto-producido e que conta coa gravación e mistura de Paco Cerdeira e o Máster de Chou.

A Actividade estivo organizada polo Equipo de Dinamización do IES Miraflores e o Concello de Oleiros.

YOLANDA CASTAÑO

 

O alumnado de 4 ESO participou os días 9 (4 ESO B e C) e 3 de marzo (4 ESO A) no espectáculo poético realizado pola poetisa Yolanda Castaño, quen recitou algunhas das súas composicións, reproduciu varios dos seus videopoemas e comentou a súa experiencia de vivir da escrita en galego.

A actividade estaba organizada polo departamento de Lingua Galega o Equipo de Dinamización en colaboración co concello de Oleiros.

 

 

 

 

DÍA DE ROSALÍA

MENÚ COMEDOR MES DE MARZO

LEDICIA COSTAS NO IES MIRAFLORES

Ledicia Costas no IES MIRAFLORES

13 de febreiro de 2023

O alumnado de 4º da ESO do IES Miraflores tivo a grande sorte de poder compartir uns agradables momentos coa escritora viguesa, autora de obras como Escarlatina a cociñeira cadáver, O corazón de Xúpiter, Unha estrela no vento,etc.

A lebre mecánica, a súa última aportación ás Letras Galegas, foi o libro sobre o que versou a charla.

Os rapaces e rapazas puideron preguntarlle sobre as súas experiencias como escritora e sobre aspectos máis específicos da propia novela, unha novela de máxima actualidade sobre as apostas e os problemas da xuventude.

Unha experiencia única poder contar coa súa presencia!!!!

A actividade estivo organizada polo Equipo de Dinamización do IES Miraflores.

MENÚ FEBREIRO

Distribuir contido


by Dr. Radut