Skip to Content

Dinamización lingüística

MENÚ XANEIRO

ROTEIRO LITERARIO POR COMPOSTELA CON LITO VILA

O pasado 20 de decembro, o alumnado de 1º Bacharelato percorreu Compostela da man do escritor Lito Vila, autor do libro Campus morte que leron no 1º trimestre de curso.

Como Iago Miranda e demais protagonistas da novela, a rapazada do IES Miraflores foi quen de apreciar a beleza da cidade compostelá, compartir curiosidades, empaparse dos seus costumes, valorar a súa arte, palpar o ambiente universitario… e perderse por cada recuncho da capital galega.

Un día fermoso e frío no que a choiva nos acompañou por momentos ata na emblemática ruela "Sae se podes"

 

 

 

 

CHEGOU O NADAL

MENÚ COMEDOR NADAL

EXPOSICIÓN SAMAÍN 2023

Xa temos gañadores/as do Concurso de ditos, chistes, refráns de Samaín que organizou o Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro coa axuda inestimable do departamento de Plástica que artellou a exposición da que puidemos desfrutar as pasadas semanas.

 

O xurado, formado polos integrantes de dito equipo de dinamización lingüística: Vanessa Lesta Rodríguez, Marta Souto  Eiroa, Ana Sogo, Bruno Araújo Tavares, Alba Echeverri Paleo, Lucía Tojeiro, Aldara Pérez, Susana Saavedra Gallego e Graciela Grande Veloso como Coordinadora do EDLG, decidiron o pasado venres 10 de novembro que os gañadores foran:

1º PREMIO Laura Lagoa de 1º BACH C

2º PREMIO Beltrán Iglesias 1º BACH B

3º PREMIO  Aitana Álvarez 1º BACH C

 1º PREMIO

2º PREMIO

3ºPREMIO

 Parabéns!!!!!

A entrega de premios tivo lugar o luns 13 de novembro ás 12:20h na Biblioteca do IES MIRAFLORES.

MENÚ COMEDOR MES DE NOVEMBRO

SAMAÍN 2023

 

Que é o Samaín?

A noite do 31 de outubro, como cada ano, celébrase o Samaín en Galicia e no norte de Europa. Trátase da palabra gaélica “Samhain” e significa “fin do verán”.

Pouco se sabe cando se fala de Samaín, e moito é o coñecemento xeneralizado sobre Halloween, e aínda que se cre que Halloween chegou a Europa desde Estados Unidos, o certo é que o Samaín é o inicio desta popular festividade, e non ao contrario. Foron os inmigrantes irlandeses os que levaron esta festa tradicional céltica a terras americanas, onde posteriormente converteuse no que hoxe coñecemos como Halloween.

O Samaín é unha festa pagá de orixe celta e segundo as investigacións trátase da orixe de todas as festas tradicionais asociadas aos mortos. Fai máis de tres mil anos considerábase á noite do 31 de outubro, a noite en que as antigas almas viñan visitar aos vivos. Era tamén a recollida da colleita, polo que empezaba un novo ciclo.

Ao longo dos séculos a festa foi cambiando e hoxe en día son moitos os lugares onde seguen celebrando o Samaín, entre eles Galicia, onde as rúas de pobos e cidades énchense de xente para celebrar esta festa popular.

Como se celebra o Samaín en Galicia?

As celebracións do Samaín en Galicia son bastante parecidas ás celebracións de Halloween (ou viceversa). Entre as tradicións atópase a da popular cabaza. Recoller a cabaza, limpala e facerlle ollos e boca para representar unha caveira. É común colocar unha vela dentro para escorrentar aos malos espíritos. Cabe mencionar que os antigos celtas facíano con caveiras de verdade… Que medo!

Outra tradición é a de pedir doces de porta en porta co coñecido “truco ou trato”. Sabías que isto tamén deriva da festividade celta? Eles colocaban doces nas portas das súas casas para “agradar” aos espíritos e que non entrasen. A noite do 31 de outubro os pobos antigos colocábanse máscaras e facían rituais e bailes para escorrentar aos malos espíritos. É por iso que hoxe en día nos disfrazamos o día do Samaín.

Aínda que foron os americanos os que volveron a poñer de moda a festa popular, a través de series e películas, ben é certo que o Samaín tivo un forte arraigamento en Galicia, e actualmente é máis popular que nunca. É tradición reunirse con familiares e amigos para comer castañas, facer unha queimada e bailar a música popular que envolve de maxia os pobos e cidades galegas.

O Equipo de Dinamización Lingüística do IES Miraflores proponvos celebrar o Samaín na aula.

As festas populares son un dos tópicos que máis gustan aos nenos e nenas de todas as idades. Dar a coñecer e traballar o Samaín en clase pode ser en grao sumo divertido, sobre todo porque para moitos é descoñecido a orixe de Halloween, crendo que se trata dunha festa americana, cando hai anos que forma parte da cultura galega e do norte de Europa.

Instámosvos a  que  vos documentedes algo máis sobre a historia do Samaín, a súa conexión co mundo celta, cos druídas e con algunhas tradicións que seguen vixentes.

Os ditos, refráns, adiviñas e mesmo os chistes relacionados coa morte están asemade moi presentes na nosa cultura.

Aquí tedes alguns exemplos:

O morto á mortalla, e o vivo á fogaza…

Non ter onde caer morto…

Cargarlle o morto…

Estar a piques de morrer…

Estar a pensar na morte da burra…

Ata a morte ten vicio…

Chegou o defunto á igrexa…

 

No Samaín e na noite de Reis

vou pendurándome nos andeis,

vestido con sabas ou manteis.

Quen son? 

 

 

Este era un fotógrafo tan malo, tan malo, tan malo

que ata os mortos saíanlle movidos.

Como din “estou morto en Inglés?

Memory.

 Descubrir más de 70 risas dibujos muy caliente - vietkidsiq.edu.vn

Propoñémosvos, xa que logo, que vos mesmos redactedes  algúns deles alusivos á morte, pero que sexa do máis orixinal ou retranqueiro. Animádesvos?

Déixovos aquí as bases do concurso:

  1. Poderá participar todo o alumnado do centro.
  2. O prazo de entrega remata o 31 de outubro.
  3. Os refráns, ditos e chistes ou adiviñas con temática sobre a morte deberán estar escritos en galego.
  4. O formato será o do tamaño dunha postal estándar A6. É dicir, duns 105x148mm. Presentarase nunha cartolina  e escrito en gris , negro ou prateado.
  5. Pola parte de atrás deberá levar o nome, apelidos e curso.
  6. Unha vez que estea instalado o lugar habilitado para conmemorar o Samaín no 1º andar ( ao lado do ascensor) , poderedes ir deixándoos nas caixas.
  7. Os refráns, ditos, adiviñas  ou chistes serán entregados escritos a man e poderán ir acompañados dalgún debuxo.
  8. O xurado estará composto polos membros do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Miraflores.
  9. O fallo do xurado será o día previo ao San Martiño,10 de novembro, data na que se fará entrega dos agasallos aos tres finalistas.
  10. Premiarase a orixinalidade e o uso da lingua galega.

 Lembramos que aínda que frivolicemos nesta actividade sobre a  morte, deberemos sempre facelo dende o respecto e a tolerancia.

QUE PASEDES UN BO SAMAÍN!!!!!!

YOLANDA CASTAÑO.PREMIO NACIONAL DE POESÍA 2023

Menú Outubro

UN ANO MÁIS A PROL DA LINGUA GALEGA!!!

 

 

 

 

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Miraflores, queremos darvos a benvida a este novo curso 23/24.

Como en anos anteriores, faremos unha chea de actividades a prol do fomento da nosa lingua. Convocaremos concursos, asistiremos a concertos, visionado de películas e moitas cousas máis.

O proxecto deste ano, leva por título " A lingua dos sons" co fin de homenaxear á figura de Luisa Villalta, escritora á quen se lle adican as Letras Galegas 2024.

Hai novas incorporacións no equipo, xa que moitos/as dos nosos/as integrantes  finalizaron o curso pasado os seus estudos no centro.

Representantes do profesorado.

 

-Eva Valiño Bouza

 

-Vanessa Lesta Rodríguez

 

-Marta Souto Eiroa

 

-Ana Sogo

 

 

Representantes do alumnado.

 

-BrunoAraújoTavares

 

-AlbaEcheverriPaleo

 

- Lucía Tojeiro

 

- Aldara Pérez.

 

Representante do persoal non docente

 

-Susana Saavedra Gallego

 

Coordinadora do EDLG.

 

-GracielaGrandeVeloso

 

 

 

Comezamos a desfrutar da lingua e da cultura galega no MIRAFLORES!!!!!

Estamos abertos/as a calquera iniciativa ou suxestión que nos propoñades.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut