Skip to Content

Actividades Complementarias e Extraescolares

Resultado Concurso de decoración de aulas: FINAL 2020

O grupo gañador do Concurso de decoración de aulas Final 2020 celebrado no IES Miraflores foi:

1ºESO B, polo seu traballo e orixinalidade

 

Tamén recibiron sendos accésits polo bo gusto e trabllo adicado á decoración das suas aulas os grupos e Aula PT e 3ºESO-D

Felicidades a todos os participantes.

No seguinte enlace pódese acceder a un video recopilatorio da decoración das diferentes aulas.

Desexámosvos un bo nadal e que o vindeiro ano 2021 veña cargado de saúde e felicidade para todos.

Concurso de decoración de aulas: Final 2020

Convócase o concurso de decoración de aulas final 2020 do IES Miraflores.

Nos seguintes enlaces pódense consultar as bases e descargar a folla de inscrición:

BASES

Folla de inscricción

O xurado pasará o luns pola mañá polas aulas para decidir o resultado do Concurso

Especies invasoras

Estes días contamos no IES Miraflores coa exposición realizada pola asociación ecoloxista ADEGA sobre as especies exóticas invasoras.  Que son, como chegaron aquí, que problemáticas presentan e cales podemos atopar na nosa contorna son algúns dos aspectos que o alumnado está a coñecer mediante a visita aos diversos paneis instalados no segundo andar.  A exposición permanecerá no centro ata o día 18 de decembro.

Os que saen na foto son o grupo de CTMA de 2ºbach.

I Concurso de vídeo: IES Miraflores. Polo bo trato

Convócase o I Concurso de vídeo: IES Miraflores. Polo bo trato en conmemoración do día internacional da eliminación da violencia contra a muller.

O prazo de presentacións de traballo abrangue dende o propio día 25 de novembro ate o 8 de decembro.

Os traballos deberán subirse ao OneDrive do IES Miraflores, e entregar en vicedireccción un sobre coas autorizacións asinadas.

 

 

CLASIFICACIÓN PROVISIONAL IV Carreira da luz

No seguinte enlace pódese consultar a clasificación provisonal da IV Carreira da Luz.

Moitas gracias a todos por participar e colaborar.

Viaxe a Xenebra

Entre os días 18 e 22 de outubro, 19 alum@s de 2º de Bacharelato, que cursan Física e/ou Química, e 3 profesoras, realizamos unha viaxe a Xenebra (Suiza).

O obxectivo primordial desta actividade foi a visita as instalacións do CERN, o maior acelerador de partículas do mundo, onde se está a facer investigación punteira.

Aproveitando a nosa estancia na cidade, fixemos tamén visitas ás Sedes Europeas da Cruz Vermella e da ONU.

Tanto o alumnado como o profesorado participante consideramos que foi moi proveitoso para tod@s, aprendemos moitas cousas e gozamos dunha cidade preciosa no corazón de Europa.

 

Aquelando, con NOSA, na TVG , sábado 29 de xuño.

A emisión do programa "Aquelando" con NOSA vai ser este sábado na TVG. 

En teoría é as 11:45 da mañá, pero "hai que estar atentos que as veces nos adiantaron a emisión media hora" isto é o que nos di Manuel Vicente. 

Aquí tes un chio da emisión:  Clica na imaxe para velo

 

Roteiro Cultural e Literario Concello de Oleiros

O pasado venres  7 de xuño o alumnado de 1 Bach  realizou o roteiro cultural que coma estes últimos cursos organiza o concello de Oleiros. Este ano centrouse  nas figuras de Felipe Criado, Rosalía Mera e Luis Seoane, todos eles moi vinculados ao noso concello,
Por inclemencias meteorolóxicas o día 6 non se puido levar a cabo, pero ao día seguinte catro alumnos do IES Miraflores: Carlos Fuentes, Silvia Sereno, Alejandra Cancela e Álvaro Castro foron os encargados de expoñer a vida e obra destes persoeiros ante o alumnado do IES Neira Vilas.
Foi un verdadeiro luxo visitar a casa de Felipe Criado e compartir coa súa dona Mercedes Boado e o seu fillo moitas das súas vivencias, así como poder escoitar a Xurxo Lobato falar sobre Rosalía Mera...e coñecer máis polo miúdo a Luis Seoane...
O vindeiro ano.... máis...
A actividade estaba organizada pola Biblioteca Rialeda...

Mil grazas por contar outro ano con nós!!!!

Viaxando pola noite

No IES Miraflores quixemos este ano facerlle unha homenaxe a Xabier P. Docampo, que tanto se preocupou e ocupou da boa literatura xuvenil galega. O venres antes das vacacións de Semana Santa, o alumnado de 1ESO asistiu á representación de Viaxando pola noite, actividade proposta pola Rede de Bibliotecas Municipais. O actor coruñés Ramiro Neira deulle voz a varias historias escritas por Xabier P. Docampo no libro Cando petan na porta pola noite, libro do que os rapaces e rapazas leran con anterioridade o prólogo e un anaco do Cumpremortes, conto para o que inventaron un desenlace. Ramiro Neira faloulles de Xabier P. Docampo, a quen coñeceu persoalmente, e destacou que era fascinante escoitalo contar historias. Na foto, Ramiro posa con nós e co cartel que fixemos para lembrar a Xabier.

Visita ao Castelo de Pambre e o Mosteiro de Sobrado dos Monxes

O 21 de maio os alumnos e alumnas de 2º ESO fixeron unha excursión para coñecer dous enclaves moi destacados da historia medieval de Galicia. Pola mañá visitaron o Castelo de Pambre, no concello de Palas de Rei, onde puideron aprender como eran os castelos na Idade Media e disfrutar das magníficas vistas desde unha das poucas fortalezas que non foi destruída pola Revolta Irmandiña no século XV. Pola tarde tocoulle o turno ao Mosteiro de Sobrado dos Monxes, onde coñeceron un pouco mellor como era a vida dos monxes medievais. E, por suposto, tamén houbo tempo para o lecer e os xogos nestes marcos incomparables.


Grazas a todos e todas pola vosa participación!!

Distribuir contido


by Dr. Radut