Punto Laranxa contra o acoso escolar

Equipo de Dinamización Lingüística

ENSAIO SUBVERSIVO OU DE COMO CAMBIAR O MUNDO. PARABÉNS PAULA!!!!!!

Parabéns, cara paula, desde todo o instituto aprezamos a túa contribución para facer un mundo mellor e máis xusto.

 

Aquí tedes un texto e imaxes de Paula, nos que ides ver todo o que hai dentro dunha persoa excepcional:

 

Pequeno resumo da entrega: 
 
Foi unha grata sorpresa ver que o lugar da entrega era a antiga biblioteca do instituto, pequena e acolledora, igual que o xurado. A lectura da acta foi sinceira e emocionante, e máis tendo en conta a complicidade que a secretaria do xurado tiña connosco, as tres gañadoras. A intervención dun amigo do defunto profesor ao que se lle dedica o Premio foi emotiva, e tamén inspiradora, como tamén o foron o fragmento teatral interpretado e as dúas cancións. 
 
Podo falar polas tres cando digo que a modestia ameazaba con fuxir pola cantidade inxente e continua de eloxios que o xurado nos dirixiu, pero de forma familiar e agradábel. Foi un verdadeiro pracer saber que persoas cunha cultura dese calibre apreciaron o noso traballo, e máis unha vez que coñecín as miñas dúas compañeiras. Simpáticas e sinxelas mozas cun runrun de pensamento incesante e de agradecer en persoas da nosa idade. A súa compañía foi ben grata, compartindo con elas unha hora de asimilación de sucesos e felicidade seguida por una lixeira merenda xunto coas familias, profesor@s e xurado.
 
 
Link das imaxes:
 

PARLAMENTO XOVE. 27 E 28 DE FEBREIRO

O equipo de debate composto polos estudantes de 1º de bac:

 

REBECA CHOUSA, PAULA GONZÁLEZ, NICOLÁS GIRÁLDEZ e FRANCISCO PEDREIRA e as profesoras:

ANA L.FORMOSO e ALMUDENA GARCÍA

 

Participaron os días 27 e 28 no Pazo de Mariñán na competición "Parlamento Xove".

O tema do debate era: "Hai que estender a maioría de idade aos 16 anos?"

O noso equipo non pasou á final, pero mereceú unha mención especial.

PARABÉNS POLO SABER SER, ESTAR, DEBATER E O ESPÍRITO DEPORTIVO DO EQUIPO, que será recibido o luns 2 no primeiro recreo no despacho do director.

 

Concurso de relato oral "Tíralle da Lingua"

24/04/2014 00:54
Etc/GMT+1

 


 

 

Concurso de relato oral

Tiralle da Lingua

Santiago de Compostela

Xoves 24 de abril

 

Participación do alumnado:

Pedro Fdez Lago (3ºA)

Lois Rivera López (3ºA)

Francisco Miguens Leal

(1º Bach) 

 

Mais información no seguinte enlace


Intercambio con Francia

02/04/2014 00:00
09/04/2014 00:00
Etc/GMT+1


Intercambio con Francia

Do 2 ao 9 de abril

Alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato

 

Profesorado acompañante: 

Nancy Álvarez


Correlingua 2013


O luns, día 13 de maio o alumnado de 3º e 4ª de ESO participarán no Correlingua que se celabra nesta cidade.

Máis información sobre o Correlingua:
Hora de saída do centro: 10:15; hora prevista de remate: 13 horas.
Percorrido:andando polo Paseo Marítimo até a Torre ( hora se saída da Torre ás 11:00), desde a Torre até os Xardíns de Méndez Nuñez. Podedes atopar todo tipo de información sobre esta carreira lúdico-reivindicativa  na seguinte páxina web: www.correlingua.org e tamén, en vivo e en directo,  preguntando ao voso profesorado de Lingua.
Moitas grazas ao profesorado e alumnado pola súa colaboración.

Correlingua 2013

13/05/2013 10:30
13/05/2013 13:30
Etc/GMT+1

Luns, 13 de maio

Alumnado que participa:

CURSOS: 3º e 4º de ESO.

GRUPOS: Todos.

  • Hora de saída: 10:30 h.
  • Hora de regreso: 13:30 h.

ACTIVIDADE: Participación en Correlingua 2013.

Profesorado acompañante:

  • Neves Amado Señarís
  • Xoán C. Rábade
  • Xoán Costa
  • Mº Xosé Bravo
  • Victoria Arijón.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer