Punto Laranxa contra o acoso escolar

Equipo de Dinamización Lingüística

ZALACANCELO 2021/2022

 

Por terceiro ano, o Equipo de Dinamización Lingüística do centro convoca o concurso do #Zalacancelo. A través deste concurso elixiranse os dous cancelos que acompañarán ás publicacións en redes sociais no curso 2021/2022.
✔No 2019/2020 ensinamos ao mundo que somos #PeixesDeMoitoCoidado e lanzamos o #ÚneteÁOnda porque non hai quen nos pare!
✔No 2020/2021 fixemos do #ConDistanciaPeroXuntos o noso lema, amosando que sempre, sempre #ZalaetaCaraAdiante.
Nesta ocasión queremos celebrar o centenario da Xeración Nós, e que o NÓS represente a toda a nosa comunidade e a tan ansiada volta á normalidade. Porque xuntos e xuntas somos máis fortes e mellores, queremos voltar con forza!
Por iso, os cancelos deste ano teñen que conter a palabra NÓS e ao tempo amosar a unión e o espírito zalaético que nos representan!
ℹHaberá dúas categorías: para a ESO e para Bacharelato+Ciclos Formativos.
ℹCada persoa pode aportar dous #zalacancelos, a través do correo electrónico edlg@zalaeta.gal ou na caixa do correo situada na entrada do instituto, indicando nome e apelidos e curso.
ℹPrazo para participar: ata o luns 8 de novembro.
ℹO 11 de novembro publicaranse os dous finalistas para cada categoría.
ℹA votación realizarase o venres 12 a través de Instagram Stories.
ℹPremio: un vale de 30 euros para a Fnac para cada categoría. Contémplase a posibilidade de conceder accésits.
Participa!!

2º PREMIO LETRAS GALEGAS EGAP

Queremos transmitir os nosos parabéns a Antón Cillero García polo segundo premio recibido no concurso das Letras Galegas organizado pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP) co texto "A esperanza dunha lingua"

A ESPERANZA DUNHA LINGUA. Antón Cillero García

CONCURSO DE MONÓLOGOS

O venres 21 de maio gozamos no Ágora vendo ao alumnado presentando os monólogos.
Dámoslles os parabéns a todas as persoas participantes! Fixérono de marabilla!
Participaron na categoría A (1° e 2° da ESO) co@ temática "Mamá quero ser gamer": Antón Cillero García (1° ESO A), co título "Reprodúcense os gamers?"; José Manuel Lupiáñez Botana (1° ESO B, co título "Eses gamers"; Daniela Torrado Liñares (1° ESO A), co título "As Mulleres no mundo gamer" e Brian Blanco Góme (2° ESO D) co título "Quero ser gamer".
E parabéns ao gañador do primeiro premio es categoría A: un alumno de primeiro da ESO do noso centro: Antón Cillero García!!!
 

PREMIO COCA-COLA

O luns 26 de abril o alumnado de 2.º de ESO D gozou dunha actividade especial. Como grupo gañador do 1.º certame de relato colectivo dentro do marco do Concurso de Novos Talentos de Coca Cola o alumnado puido desfrutar da actuación en exclusiva do mago David Maestre na Biblioteca do centro. A organización do certame obsequiou ademais a cada alumno/a cunha mochila con diferentes elementos de merchandising de Coca Cola. 
Ao longo da actuación varios/as alumnos/as exerceron de axudantes puntuais do mago e, ademais, o relato gañador ("O veciño") foi protagonista tamén da xornada, xa que estaba incluído en diversos trucos.  Moitas grazas á Coca Cola polo premio e parabéns para o grupo gañador; adiante con ese espírito creativo!
 
 
 
 

 

FRASES PARA UN ANO DE COVID-19

O Departamento de Física e Química, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Club de Ciencia e Tecnoloxía, preséntanos a través deste vídeo a actividade realizada conxuntamente por 2º e 3º de ESO. Dita actividade consiste en realizar frases relacionadas coa COVID-19 utilizando os símbolos dos elementos químicos para: expresar as súas emocións tras un ano de pandemia, fomentar a prevención da transmisión  con suxestións, animarnos con frases optimistas, etc. Os traballos realizados amosaranse a través dunha exposición no centro.

LIGAZÓN AO VÍDEO DE PRESENTACIÓN

 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer