Punto Laranxa contra o acoso escolar

ENSAIO SUBVERSIVO OU DE COMO CAMBIAR O MUNDO. PARABÉNS PAULA!!!!!!

Parabéns, cara paula, desde todo o instituto aprezamos a túa contribución para facer un mundo mellor e máis xusto.

 

Aquí tedes un texto e imaxes de Paula, nos que ides ver todo o que hai dentro dunha persoa excepcional:

 

Pequeno resumo da entrega: 
 
Foi unha grata sorpresa ver que o lugar da entrega era a antiga biblioteca do instituto, pequena e acolledora, igual que o xurado. A lectura da acta foi sinceira e emocionante, e máis tendo en conta a complicidade que a secretaria do xurado tiña connosco, as tres gañadoras. A intervención dun amigo do defunto profesor ao que se lle dedica o Premio foi emotiva, e tamén inspiradora, como tamén o foron o fragmento teatral interpretado e as dúas cancións. 
 
Podo falar polas tres cando digo que a modestia ameazaba con fuxir pola cantidade inxente e continua de eloxios que o xurado nos dirixiu, pero de forma familiar e agradábel. Foi un verdadeiro pracer saber que persoas cunha cultura dese calibre apreciaron o noso traballo, e máis unha vez que coñecín as miñas dúas compañeiras. Simpáticas e sinxelas mozas cun runrun de pensamento incesante e de agradecer en persoas da nosa idade. A súa compañía foi ben grata, compartindo con elas unha hora de asimilación de sucesos e felicidade seguida por una lixeira merenda xunto coas familias, profesor@s e xurado.
 
 
Link das imaxes:
 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer