Apuntámonos a non beber.

O ALUMNADO DE 2º ESO A ELABORA UN SLOGAN E DESEÑOS PARA O PLAN PROXECTA APUNTÁMONOS A NON BEBER

Como traballo para o Plan Proxecta Apuntámonos a non beber e o alumnado de 2º ESO elaborou un slogan e debuxos para animarnos a non consumir alcohol.

CHARLA SOBRE AS ADICCIÓNS

O ALUMNADO DE 1ºESO ASISTIU A CHARLA SOBRE AS ADICCIÓNS

Dentro do Plan Proxecta “Apuntámonos a non beber” que depende da Consellería de Sanidade, o pasado martes, día 10 de xaneiro, levouse a cabo co alumnado de 1º ESO un obradoiro no que a persoa responsable, Pilar Trabazo Arias, explicou detalladamente os seguintes contidos:

  •  Os tipos de bebidas con etanol: fermentadas e destiladas.
  • alcohol como droga, drogas estimulantes e drogas depresoras.
  • Os efectos inmediatos do alcohol no corpo.
  • Os efectos a longo prazo do alcohol no corpo e as adiccións.
  • O patrón habitual de consumo de alcohol na adolescencia e os efectos do mesmo en diferentes órganos (especialmente no cerebro en formación), na conduta e no rendemento académico.
  • As bebidas enerxéticas e os seus efectos.
  • A presión do grupo de iguais para consumir alcohol  e  asertividade.

 

A relatora ofreceu un espazo de interacción co alumnado, trasladándolles cuestións para a reflexión e respondendo as preguntas que a rapazada lle formulou.

 

Deixámosvos algunhas fotografías.

Powered by Drupal - Design by artinet