O ALUMNADO DE 1ºESO ASISTIU A CHARLA SOBRE AS ADICCIÓNS
Dentro do Plan Proxecta “Apuntámonos a non beber” que depende da Consellería de Sanidade, o pasado martes, día 10 de xaneiro, levouse a cabo co alumnado de 1º ESO un obradoiro no que a persoa responsable, Pilar Trabazo Arias, explicou detalladamente os seguintes contidos:
- Os tipos de bebidas con etanol: fermentadas e destiladas.
- alcohol como droga, drogas estimulantes e drogas depresoras.
- Os efectos inmediatos do alcohol no corpo.
- Os efectos a longo prazo do alcohol no corpo e as adiccións.
- O patrón habitual de consumo de alcohol na adolescencia e os efectos do mesmo en diferentes órganos (especialmente no cerebro en formación), na conduta e no rendemento académico.
- As bebidas enerxéticas e os seus efectos.
- A presión do grupo de iguais para consumir alcohol e asertividade.
A relatora ofreceu un espazo de interacción co alumnado, trasladándolles cuestións para a reflexión e respondendo as preguntas que a rapazada lle formulou.
Deixámosvos algunhas fotografías.